Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xuño 01, 2019
Start: 01/06/2019 20:25

Rematamos os nosos xoves expertos do presente curso coa intervención de Mateo Torreira, alumno de 1º de ESO, gran amante da bioloxía e coñecedor de animáis tan curiosos coma os leóns albinos.

Clica na foto para ver a reportaxe gráfica!

 

 

Martes Xuño 18, 2019
Start: 18/06/2019 18:54

Un ano máis, dous equipos de 3º de ESO acudiron á Facultade de Matemáticas da USC para asistir á final do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. 

O equipo formado por Adrián Manteiga, Andrés Seoane, Nicolás Andujar e Érika Otero presenteron na final o seu proxecto O Efecto Rock & Roll, que estudaba os efectos positivos da música no rendemento deportivo. Este proxecto foi merecedor do premio de Finalistas.

Así mesmo, o equipo formado por Alba Neira, Carlota Rodríguez, Noa Quintáns e Sarai Fariña, aínda que non chegou á final, foi recoñecido cunha mención especial polo seu proxecto Orgullo e Prexuizo, no cal estudaban a incidencia dos estereotipos de xénero entre o noso alumnado. 

Parabéns a todos eles polo seu traballo e á profesora, Paula, pola súa dedicación.

Unha fermosa experiencia que, de seguro, recordarán para sempre.

O alumnado de 3º de ESO acudiu ao completo para animar aos seus compañeiros, calmar os seus nervios e aplaudir a súa intervención.

Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica completa desta mañán inesquecible.

 

Luns Xuño 24, 2019
Start: 24/06/2019 17:51

O xoves 20 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 4º de ESO. Un ano máis despedimos con tanta ilusión coma emoción ao noso alumnado que emprenderá no vindeiro mes de setembro unha nova etapa de estudios de FP e Bacharelato.

Un acto emotivo e divertido no cal, en compañía do seu titor, Nacho González, fixeron un repaso polo seu paso por este centro en compañía dos seus profesores e familiares.

 

Start: 24/06/2019 18:03

O venres 21 de xuño celebramos a nosa despedida do curso con diversas actividades de lecer para Educación Infantil, Primaria e ESO, grazas á colaboración da ANPA e en compañía da sempre agradable visita dun número importante de antigos alumnos.

Os nenos de Infantil e Primaria desfrutaron da actuación de Luis Vallecillo co seu espectáculo Cantamos? e posteriormente da xa tradicional Festa da Espuma.

Por outra banda, o alumnado de ESO, grazas á colaboración da ANPA, desfrutou dun recital de música do cantautor Leo Burke.

 

E como fin de festa, quixemos facer unha pequena homenaxe aos tres profesores que deixan o noso centro este ano: Paula, Chus e Juan, aos cales desexamos moita sorte no seu novo destino. Botarémosvos moito en falta!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut