Skip to Content
Imaxe de biblioip

EXPOSICIÓN DA HISTORIA DO LIBRO.

Neste mes de abril puidemos ver na Biblioteca unha exposición sobre a Historia do libro, na que a través de diferentes paneis e reproducións de obxectos de escritura: pinturas rupestres, tabliñas de arxila, papiros, tabliñas de cera, ... puidemos coñecer a evolución da escritura dende a súa aparición ata os nosos días.

Esta exposición foi realizada pola Biblioteca do I.E.S. Fernando Esquío, de Neda, aos que felicitamos polo marabilloso traballo e lles agradecemos o seu préstamso para poder disfrutala tamén nós.

No enlace seguinte tedes un resumo desta mostra:

Imaxe de biblioip

EN ABRIL, LIBROS MIL.

Chegou o mes de Abril e con el unha época de celebración para todas as bibliotecas; datas nas que os libros son os protagonistas:

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

23 de abril, Día mundial do libro e dos dereitos de autor.

Desde a biblioteca de Infantil e Primaria, e coa nosa mascota Sansiño programamos as seguintes actividades:

 

Imaxe de biblioip

LECTURAS COMPARTIDAS

Na semana do libro comezamos unha nova actividade:

AS LECTURAS COMPARTIDAS :"OS MAIORES TAMÉN CONTAN"

Os pais, nais, avós, avoas, irmáns ou calquera outro familiar veñen ao colexio a contarlles ao seu fillo (neto, irmán, ...) un conto, unha pequena historia, lerlles algunha poesía, ... Esta actividade facémola na Hora de ler.

Esta semana, para conmemorar o Día do Libro, decidimos realizar esta actividade todos os días.

Imaxe de biblioip

A VISITA DE GONZALO MOURE

O luns 26 de marzo Gonzalo Moure visitou o noso colexio para falarnos da súa vida e comentarnos algunhas das súas obras.

Primeiramente tivo unha xuntanza cos alumnos de segundo e terceiro da ESO, que comentaron con el a novela "A noite d'o Risón"

Despois mantivo unha charla cos rapaces de quinto e sexto de primaria, que leron "Palabras de Caramelo" e "Los caballos de mi tío".

Así vimos nós a historia de Caramelo:

Día Mundial da Auga: suxestións de lectura

A Asemblea Xeneral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1992 a resolución pola que o 22 de marzo de cada ano se declara Día Mundial da Auga. Dende a biblioteca queremos contribuír a este día cunha selección de lecturas sobre a auga. Agardamos que vos guste e esperámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

Imaxe de biblioip

Celebramos o Día da Paz

Como neste curso estamos participando no proxecto "Coñecernos para querernos" xunto con outras bibliotecas da comarca, co que pretendemos coñecer a realidade dos campos de refuxiados do Sahara, decidimos que as actividades para conmemorar o Día Mundial da Paz e non violencia estivesen relacionadas con este tema.

Primeiramente, fixemos unha demostración de xogos saharauis. Cada curso participou en dous xogos que foron preparados polo profe de educación física. Aquí tedes un resumo desta actividade.

Imaxe de biblioip

PRÓXIMA VISITA DE GONZALO MOURE

O próximo 26 de marzo teremos a sorte de contar no noso colexio coa presencia do escritor Gonzalo Moure, que nos falará da súa obra e das súas experiencias co Sahara e o Bubisher.

Aquí tedes unha lista cos títulos dos seus libros que podedes atopar na Biblioteca.

Día de Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía elaboramos unha guía con suxestións de libros e CDs. Agardamos que vos guste e lembrade que aquí atoparedes máis información sobre as propostas que as bibliotecas escolares están a desenvolver para este día.

Imaxe de biblioip

ROTEIRO POLAS BIBLIOS DE FERROLTERRA.

O mércores día 17 de xaneiro os nosos compañeiros e compañeiras encargados das bibliotecas de Ferrolterra visitaron a biblioteca de Sansiño. Grazas por vir e por ese tempo compartido de falar, escoitar, mirar e colaborar nese gran proxecto que é "Coñecernos para querernos" e que pouco a pouco vai sendo unha realidade nos nosos centros.

Imaxe de biblioip

E SE LLE PIDES UN LIBRO AOS REIS?

Ola amigos! Xa remata o ano e comezan as vacacións de Nadal. É un bo momento para adicar algún tempo na casa a ler un libro que vos faga pasar un rato entretido e divertido. Podedes pedirlle a Papá Noel ou aos Reis Magos que vos agasallen con algún dos títulos que aparecen nas guías que preparei para aconsellarvos. Que pasedes unhas boas vacacións e que teñades un ano 2012 cheo de fantásticas e marabillosas lecturas.

Sansiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut