Neste mes de maio seguimos coa actividade das "Lecturas compartidas", na que os familiares dos nosos alumnos veñen á biblioteca á contarnos algún conto.
Neste mes tivemos connosco:
O 14 de maio a nai da alumna de quinto de primaria Nerea Gundín leunos o conto de "Blancanieves":
O día 15 foi a nai de Jaime Rodríguez, o alumno de quinto de Infantil que nos leu "Cuentos para soñar despierto" e despois xogou con nós a ver se atopábamos a solución a algunhas adiviñas:
O 24 de maio Ángela López, a nai de Nelson, contou aos alumnos de cuarto de infantil a historia de "A sopa queima":
E para rematar o mes, o 29 de maio Ana Belén Breijo, nai de Icia de segundo de primaria, leunos o libro de "O país dos mandóns". Tamén contou coa axuda de Icía para lernos a historia de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza":