Skip to Content

LECTURAS COMPARTIDAS - MES DE XUÑO

Imaxe de biblioip

Neste último mes do curso continuamos coa colaboración dos pais e nais na actividade das lecturas compartidas "Os maiores tamén contan".

O día 5 de xuño veu á Biblioteca Belén Hermida, a nai do alumno de segundo de primaria Jorge Mera. Primeiramente contounos a historia de "Los dos conjuros" e despois coa axuda de Jorge leunos o conto de "Las tres hijas", que deixou xunto coa historia de "A cebra Camila" de agasallo para a nosa biblio.

 

O 7 de xuño tivemos a sorte de ter dous contacontos: o pai e a nai de Irene Galdo Fernández, de sexto de infantil. Miriam leunos a historia de "El mundo de Perico el conejo" e Jorge escolleu "Pepo y Estela":

 

O 9 de xuño, Eduardo Lourido, o pai do Duarte contou aos alumnos de quinto de infantil a historia de "Garbancito":

 

O 11 de xuño veu visitarnos Patricia Lago, a nai de Noa fixo que os alumnos de cuarto de infantil pasaran uns momentos moi divertidos coa historia de "A que sabe a lúa?":

 

E para rematar as lecturas compartidas por este curso, o día 12 de xuño contamos con Patricia Calvo, a nai de Icía Salgado que contou aos alumnos de cuarto de infantil a terrorífica historia de "A min non me comas!

 

MOITAS GRAZAS A TODOS OS PAIS E NAIS QUE VIÑESTES POLA BIBLIOTECA A DISFRUTAR COA LECTURA E AS MARABILLOSAS HISTORIAS QUE NOS CONTASTES.



story | by Dr. Radut