Skip to Content

Guía de suxestións de Nadal

Viaxes por Escandinavia e o título da nosa guía de suxestións de Nadal que podedes atopar no seguinte enlace.

 

Marcapáxinas: 25 de novembro

O equipo da biblioteca de EI e EP elaborou un marcapáxinas para a nosa comunidade educativa co gallo desta data.

Recursos: 25 de novembro

Elaboramos un padlet con recursos diversos que atoparedes premendo na imaxe.

DISTRIBUCIÓN MASCARILLAS

Publicada a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de Ed.Primaria e ESO adxuntamos a información e os Anexos necesarios para solicitar a axuda.

- Instrucións

- Orde 6-11-20

- Anexos I - II

 

SERÁ PRECISO SOLICITAR CITA PREVIA PARA REALIZAR OS TRÁMITES.

O noso Samaín: Cabazas e debuxos.

Este ano o alumnado do centro mandou fotos de cabazas e fixo algúns debuxos para celebrar o Samaín.

 

cabazas samaín

Algunhas fotos de cabazas...

Obradoiro de desenvolvemento afectivo-sexual

O Concello de San Sadurniño vai desenvolver un obradoiro de desenvolvemento afectivo-sexual dentro da programación de Igualdade financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. Este obradoiro forma parte, á súa vez, do proxecto Tempo de familias, que ofrece charlas e conferencias con persoas expertas nas que se abordan distintas cuestións relacionadas coa comunicación familiar, a relación coa infancia e a adolescencia e a educación das nosas fillas e fillos.

O obradoiro afectivo sexual desenvolverase en dúas sesións, unha o 31 de outubro a partir das 10.30h. na Casa da Cultura e outra máis adiante nunha data acordada coas familias participantes.

PAGO DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR

 Durante o presente curso os recibos de comedor serán enviados por correo electrónico, posteriormente o pago poderá realizarse de dúas maneiras:

1 - Pago en entidade bancaria

Unha vez realizado o pago, remitirase ao o resgardo da Administración a través do correo: comedor@cpisansadurnino.org

2 - Pago a través do Espazo Abalar

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

Para poder acceder a este servizo debe empregarse o navegador Microsoft Internet Explorer e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

Este tipo de pago só o poderá realizar a persoa que figure como pagadora do servizo.

Neste caso non será necesario enviar ningún xustificante ao centro, pois xa a propia aplicación comunica de forma automática o pago.

Guía de pago do servizo de comedor (pax.18)

Os pagos deberán realizarse antes do día 20.

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO ESO

Calendario de reunións

As reunións terán lugar no comedor escolar. O aforo estará limitado a unha persoa por familia co fin de garantir  a distancia de seguridade.

INICIO CURSO 2020- 2021

 

CURSO DÍA ENTRADA SAÍDA
4º EI 10 HORARIO ADAPTACIÓN
5º EI 10 9:30 13:30
1º - 2º- 3º EP 10 9:30 13:45
6º EI 11 9:30 13:30
4º - 5º - 6º EP 11 9:30 13:45
1º - 2º ESO 23 9:30 14:55
3º ESO 24 9:30 14:55
4º ESO 25 9:30 14:55

O alumnado de EI e EP que faga uso do comedor pero NON do transporte, poderá ser recollido na porta principal ás 15:20.

O alumnado transportado sairá ás 15:30

REUNIÓNS INICIO CURSO EI - EP

Calendario reunións

As reunións terán lugar no comedor escolar. O aforo estará limitado a unha persoa por familia co fin de garantir a distancia de seguridade.

Distribuir contido


by Dr. Radut