Skip to Content

Materiais Letras Galegas 2020

A continuación poñemos á vosa disposición uns materiais elaborados en base a un traballo de investigación realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Os materiais tratan a figura de Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

A pesar de que os actos oficias foron adiados para o outono, non quixemos deixar pasar unha data tan senlleira coma esta. Así mesmo, queremos resaltar a dificultade (superada) que foi traballar a distancia para poder chegar a obter estes produtos.

Un pequeno aviso para o alumnado: se non vos escoitades no voso apartado é porque varios de vós compartides locución. O programa elixe ao chou que locucións reproduce. Ficade tranquilos que estades todos "dentro".

Facede clic nas imaxes para acceder aos diferentes materiais (poden tardar un pouco en cargar), e seguide as instrucións de como reproducilos.

Agardamos que vos gusten!

 

 

  

 

Presentación en directo dun traballo sobre o Día das Letras Galegas

NOVIDADE DE ÚLTIMA HORA!

 

Debido a unha incidencia técnica non imos poder emitir a presentación en directo como tiñamos pensado.

Así que gravaremos a videoconferencia da presentación e posteriormente subiremos e publicaremos o vídeo aquí.

Desculpade as molestias. Son as cousas do directo empregando ferramentas novas!

 

Xa está o vídeo!

Perdoade pola pouca resolución, pero ao subilo ao Youtube "estropeouse" bastante.

Facede clic na seguinte imaxe para acceder a el.

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Infómase que o proceso de admisión iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Por motivos de saúde deberase traer o impreso cuberto e un bolígrafo. Non se facilitará ningún tipo de material.

ANEXO II: solicitude de admisión (autocompletable)

O horario de secretaría será de 9.30 a 11:30h.

O alumnado que xa está matriculado no centro non precisa facer ningún trámite, agás o alumnado de 6º de EP e ESO que será convocado cando se abra o proceso de matrícula.

RECOLLIDA MATERIAL

Estimadas familias

Informamos que a partir do luns día 11 de maio podedes vir ao centro recoller o material do alumnado nas seguintes quendas  que deben de ser respectadas ( as familias que teñan máis dun fillo/a escolarizado poserán vir nunha das quendas)

LUNS 11

  • 10:00 a 11:00h - 1º EP
  • 11:00 a 12:00h - 2º EP
  • 12:00 a 13:00h - 3º EP

MÉRCORES 13

  • 10:00 a 11:00h - 4º EP
  • 11:00 a 12:00h - 5º EP
  • 12:00 a 13:00h - 6º EP

VENRES 15

  • 10:00 a 11:00h - 1º -2º ESO
  • 11:00 a 12:00h - 3º -4º ESO

Sementando versos de maio

Velaí vai o vídeo que compila as imaxes e os textos achegados polo alumnado e profesorado participantes nesta iniciativa (clic na imaxe para acceder ao mesmo).

Agardamos que gocedes del!

Vídeo do Día da Educación Física na Casa

Por mor do confinamente, este ano no canto de celebrar o Día da Educación Física na Rúa, os organizadores decidiron cambiarlle a denominación por "na Casa".

Velaí vai o vídeo coas achegas de alumnado e profesorado. Que gocedes del! (Clic na imaxe para acceder ao vídeo).

 

PROBLEMAS DE COMUNICACIÓN

Vídeo "CPI de Sansa na casa".

Se unha imaxe vale máis ca mil palabras, canto valerá un vídeo?

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo elabourado para transmitir ánimos nestes duros tempos que nos está a tocar vivir.

SOLICITUDE ORDENADOR CON CONEXIÓN A INTERNET

INFORMACIÓN 2ª AVALIACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut