Skip to Content

Rematamos o curso en Infantil e Primaria!

Velaí vai o produto elaborado a través da actividade promovida polo profesorado de Educación Física destas etapas (Serafín e Iván).

Para visualizalo, fai clic na seguinte imaxe:

SOLICITUDE PRAZA DE COMEDOR

Informase da apertura do prazo de presentación de solicitudes para o comedor escolar no curso 2020-2021.

A solicitude deberá ser enviada preferiblemente por correo electrónico a seguinte dirección: comedor@cpisansadurnino.org

É necesario ter actualizados os pagos do comedor para poder tramitar a solicitude.

Instrucións

Solicitude

As autodeclaracións deberán estar cubertas en todos os seus apartados: A, B, C e D.

CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN ORDINARIA

A materia optativa de Promoción de Estilos de Vida Saudables (1º e 2º da ESO)

Únete a nós apostando pola saúde!
Neste vídeo podedes ver posibles actividades a realizar na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables : análise da propia alimentación, almorzos saudables, actividades físicas saudables no medio natural (andainas, rutas en bicicleta, en patíns ou as actividades acuáticas que fixemos no encoro das Forcadas de vela, piragüismo e “paddle surf”) Ademais, desenvolveranse experiencias prácticas de horta ecolóxica e interacción harmónica co medio natural...

O currículo de PEVS ten como finalidade abordar a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo.

 

ACTUALIZACIÓN DATOS MATRÍCULA

Estimadas familias

É preciso cubrir este cuestionario para actualizar os datos de matrícula. Alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria agás 6º .

Data límite de envío 23 de xuño.

Agradecemos a vosa colaboración.

Un saúdo

A Dirección

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO E EQUIPOS EDIXGAL

Estimadas familias

A vindeira semana procederase á devolución de libros de texto do alumnado participante no Fondo libros e os  equipos Edixgal de 2º ESO.

O material deberá ser entregado por un adulto: pai/nai/titor legal.

As datas establecidas son:

3º Ed. Primaria - 15 de xuño de 9:30 a 11:30.

4º Ed. Primaria - 15 de xuño de 11:45 a 13:30.

3º Ed Secundaria - 16 de xuño de 11:30 a 13:30.

4º Ed. Secundaria - 17 de xuño de 11:30 a 13:30.

2º Ed. Secundaria (equipos edixgal) - 18 de xuño de 11:30 a 13:30.

 

Vídeo de "Como se fixo" do traballo sobre o Día das Letras Galegas.

Debido á boa acollida que tiveron os materiais elaborados por alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, animámosnos a facer un vídeo do "como se fixo" (aínda que inicialmente non estaba contemplado).

O resultado? Fai clic na seguinte imaxe para visualizalo:

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

ADMISIÓN ALUMNADO

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido no curso 2020-21.

Infórmase que todas as solicitudes están admitidas.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 12 de maio de 2020  O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Dada a situación na que nos encontramos as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática "fondolibros":  

Enlace para a aplicación fondolibros

Opcionalmente a solicitude poderá presentarse de forma presencial no centro, nese caso deberá traerse a solicitude cuberta e un bolígrafo, no centro non se facilitará ningún tipo de material

Modelo de solicitude Anexo I(autocompletable)

Modelo de solicitude Anexo II (autocompletable).

 

Tamén poderá ser enviada por correo electrónico.

PRAZO dende o 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

- Publicación das listaxes provisionais ata o 10/7/20.

- Publicación listaxes definitivas 20/7/20 (EP) e 14/9/20 (ESO)


 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut