Skip to Content

Obradoiro de desenvolvemento afectivo-sexual

O Concello de San Sadurniño vai desenvolver un obradoiro de desenvolvemento afectivo-sexual dentro da programación de Igualdade financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. Este obradoiro forma parte, á súa vez, do proxecto Tempo de familias, que ofrece charlas e conferencias con persoas expertas nas que se abordan distintas cuestións relacionadas coa comunicación familiar, a relación coa infancia e a adolescencia e a educación das nosas fillas e fillos.

O obradoiro afectivo sexual desenvolverase en dúas sesións, unha o 31 de outubro a partir das 10.30h. na Casa da Cultura e outra máis adiante nunha data acordada coas familias participantes.



story | by Dr. Radut