O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación
A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.
Para acceder ao espacio ABALAR ver a información aquí
Guía para as Familias