"Aprender en igualdade": actividade de formación organizada pola ANPA
A ANPA organiza unha actividade de formación en liña: "Aprender en igualdade" o vindeiro venres 7 de maio entre as 17:00h e as 18:30h.
Aquelas persoas interesadas en participar deben solicitalo no correo electrónico correspondente para que lle fagan chegar unha ligazón para a conexión á actividade.
Obxectivos da actividade:
- Coñecer as implicacións do sistema Sexo-Xénero na sociedade e na construción da propia identidade.
- Desenvolver pensamento crítico fronte a modelos imperantes, tomar conciencia da existencia dos estereotipos e roles de xénero e comprobar como estes afectan nas nosas decisións e na educación das nosas fillas e fillos.
- Identificar e previr a Violencia Machista (micro machismos, de micro nada. Novos espazos de violencias, ciberacoso, ciberviolencia...).
- Potenciar o bo trato e a ética dos coidados como modelo de relacións nas familias para desterrar a violencia.