Reunión alumnado e familias 4º Infantil curso 2022/23

O vindeiro xoves, 16 de xuño, ás 11:00, celebraremos unha reunión coas familias e o alumnado de nova incorporación en 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 2022/23.

Solicitude fondo solidario de libros, axuda para a adquisión de libros e de material

Aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros e axudas para a adquisión de libros e de material. 

Poden consultar a información premendo aquí.

Celebramos o día das Letras Galegas.

15/05/2022 13:31
Europe/Madrid

O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.

Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!  Sorriso

Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

 

 

Listas definitivas admitidas e admitidos

Publicadas as listas definitivas de admisión do alumnado para o curso 2022/23 que poden ser consultadas no interior do centro educativo.

Non hai variacións respecto das provisionais.

OS MAIOS

08/05/2022
Europe/Madrid

O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.

Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.

E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen! 

  

 

 

 

"Ler o aire libro"

02/05/2022
Europe/Madrid

Aquí tedes un video resumo da actividade "Ler o aire libro", organizada para conmemorar o Día do libro.

 

Modificación concreción curricular e anexos programacións ESO

A publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia fai necesaria a actualización da concreción curricular nos aspectos de promoción e titulación. Pode consultar o documento aprobado polo claustro de profesores premendo no enlace:

ACTUALIZACIÓN CONCRECIÓN CURRICULAR

 

Pola outra banda, ao non existir a avaliación extraordinaria, foi necesaria unha modificación das programacións didácticas que poden consultar premendo no enlace:

MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Listaxes provisionais admitidos e non admitidos

O día 22 de abril publicamos as listaxes provisionais de admitidas/os e non admitidas/os para o vindeiro curso 2022/2023. 

Nos niveis con vacantes admitíronse todas as solicitudes.

As listaxes provisionais poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro. A información non pode ser facilitada por teléfono.

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación poderá formular reclamacións ante o Consello Escolar. (Ata 29 de abril).

 

Obradoiros de percusión en primaria

22/04/2022
Europe/Madrid

Aquí tedes unha pequena mostra dos Obradoiros de percusión que se están levando a cabo na primaria. Grazas ao profe Diego, que ademáis de ser o titor de 3ºC, é percusionista e está impartindo estas clases.

Distribuir contido