No día de hoxe, 8 de xullo, publicamos as listaxes definitivas cos libros que lle corresponde a cada alumno/a do fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23.
Estas listaxes están publicadas no interior do edificio.
O alumnado de primaria traballou moito coa profe Toñi, así que o pasado luns fixeron unha exhibición do aprendido. As clases de infantil e de primaria tivemos a sorte de desfrutar dos concertos e ademáis moitos nenos e nenas puideron ver tocar aos seus irmáns.
Houbo varios pases, aquí tedes unha mostra dalgúns nenos e nenas que tocaron.