Días non lectivos curso 2022/2023

Na reunión do Consello Escolar do pasado día 7 de setembro decidiuse solicitar os días 5 de decembro de 2022 e o 2 de maio de 2023 como días non lectivos no noso centro.

Pode consultar o calendario escolar para o curso 2022/23 aquí.

Calendario de reunións para ás familias.

No documento adxunto está o calendario das reunións iniciais de curso cos titores e titoras de infantil, primaria e secundaria.

 

 

 

Actualización das normas de organización, funcionamento e convivencia

No enlace que aparece ao final desta páxina podedes encontrar a última modificiación aprobada polo Consello Escolar en reunión do 7 de setembro de 2022, referente a:

- Normas de funcionamento, capítulo V, en relación coas entradas e saída, organización dos tempos de lecer e as gardas de tarde (páxinas 22-26, 28 e 31).

- Servizos educativos complementarios, capítulo VII, en relación ao transporte escolar (páxina 55).

Actualización normas organización, funcionamento e convivencia do CPI Castro Baxoi (aprobadas o 7 de setembro de 2022).

Información para as familias de E. Infantil 3 anos.

07/09/2022
Europe/Madrid

Estimadas familias:

As titoras de E. Infantil 3 anos Mari e Raquel, queren deixarvos informacións importantes:

  • A organización do período de adaptación.
  • Folleto informativo.

Ademais invítanvos a seguir o seu blogue.

 Recantos do Baxoi

 

Recibide un agarimoso saúdo.

Documento organización entradas e saídas curso 2022-23

Dado que a situación epidemiolóxica cambiou e que non vai a haber un protocolo específico, elaboramos un documento para lembrar como faremos as entradas e saídas ao centro.

Pode consultar o documento na seguinte ligazón.

Inicio curso 2º de Educación Primaria

Pode consultar a información de inicio para os niveis de 2º de Educación Primaria na seguinte ligazón.

Material alumnado 3º Educación Primaria para o curso e o primeiro día

Pode consultar o material para o alumnado de 3º de Educación Primaria para o curso e para o primeiro día de clase premendo aquí.

Horario adaptación alumnado 4º de EI curso 2022/23

Pode consultar os horarios de alumnado do período de adaptación do alumnado que comeza a segunda etapa da Educación Infantil premendo aquí.

Atención ao público durante o mes de agosto

No caso de precisar algunha certificación ou presentar algunha solicitude, contacten a través do enderezo electrónico:

cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar

Saiu a resolución das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, polo que podedes pasar polo centro a recoller os cheques que foron concedidos a partir de hoxe para Educación Primaria e a partir do martes para Secundaria.

O horario de atención ao público:

Día de hoxe, 8 de xullo, de 9 a 14 horas.

Do 11 ao 20 de xullo: de 10 a 12 horas.

Distribuir contido