Terceiro Ciclo

O alumnado do Castro Baxoi participa na limpeza da praia de Miño

25/05/2023 19:16
Europe/Madrid

As pasadas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi participou nunha actividade co obxectivo de potenciar a concienciación sobre o coidado do medio.

Durante a primeira das sesións, o alumnado desprazouse á praia grande de Miño, onde fixeron unha batida organizada para recoller todo o lixo inorgánico que se acumula no noso areal. Este lixo provén xeralmente da actividade pesqueira e dos usuarios dos areais.

Despois desta recollida, realizamos no centro unha segunda actividade que consistiu no estudo e clasificación do lixo atopado, así como un debate e unha reflexión sobre o refugallo, como reducilo, como evitar que acabe en espazos protexidos...

Queremos tamén agradecer a Paco a súa disposición cos nosos nenos e nenas.

Día da muller a nena na ciencia

O pasado 11 de febreiro o alumnado de 6º recibiu unha charla có gallo do Día da muller e da nena na ciencia.

dia da mulle e da nena na ciencia

Vudú en concerto

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria, e máis xs alumnxs 2º,3º e 4º de ESO poidemos desfrutar da mellor música ao vivo da man de Vudú. Este dúo formado por Belem Tajes (teclado e voz) e a miñense Maritxiña (baixo electrico) achegáronnos cunha incrible sensibilidade e mestría a súa proposta musical na que recollen cantigas da nosa tradición oral e lle dan unha "volta", arroupándoas con outras sonoridades traídas do blues, soul, jazz, funk, etc.

Concerto para alumnos de 5º e 6º de EP

Comezamos a nosa programación de concertos educativos deste curso cunha grande nova. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP poderán desfrutar do concerto a cargo do coñecido, aclamado e incluso televisivo músico especializado en instrumentos de vento Xavi Lozano. Coa súa propósta didáctica titulada "Tubos do Mundo", Xavi propón aos cativos unha apaixoante e sorprendente aventura sobre como reutilizar materiais de refugallo aproveitando as súas posibilidades sonoras para facer música.

O concerto terá lugar o vindeiro venres 10 de Novembro no auditorio da biblioteca municipal. Será unha experiencia vibrante, chea de creatividade e estímulos para os nosos sentidos.

Páxina oficial de Xavi Lozano e Tubos do Mundo:

http://xavibufa.com/tubs_del_mon.html

 

Distribuir contido