ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Dentro do proxecto de África da biblioteca do centro, en infantil decidimos seguir traballando en prol da igualdade de xénero por iso estivemos investigando a Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir un "Premio Nobel da Paz". Aprendimos a súa historia, vimos o conto de "Wangari e a árbore da paz" e fixemos diversas actividades. Aquí tedes unha fotos.
Cada clase decorou unha follas con diferentes técnicas plásticas para elaborar a árbore da paz que foi a nosa aportación a exposición do centro sobre África e a paz.

Aquí o resultado da nosa obra con todas as follas.

Xogamos en liña coas pantallas dixitais a un xogo con preguntas e actvidades sobre Wangari.

Fixemos este video sobre Wangari xunto cos alumnos da aula específica.
https://vimeo.com/314615104
Mirade como quedaron os nosos colgantes.

Aquí fotos da celebración do propio día 30 de xaneiro.




Recordade esta frase:
"Cuando plantamos árboles, plantamos las semillas de la Paz y las semillas de la esperanza"
Wangari Maathai