O mércores 15 de febreiro relizamos un obradoiro de estampación de Rosalía de Castro co alumnado de 3º de primaria grazas a colaboración da asociación de empresarios de Miño e ao EDLG do centro. A rapazada aprendeu técnicas de estampación alén da vida e obra de Rosalía.
O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.
Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole!
Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.
O pasado mércores día 4 celebramos "Os maios". Os alumnos e alumnas de 4º de primaria, o alumnado da aula específica e os mestres encargados, fixeron un gran traballo que puidemos desfrutar todo o cole.
Moitas grazas a todas as familias polas súas aportacións de flores e de verde.
E un agradecemento especial á nosa Carmen Sánchez, que pese a estar xa desfrutando da súa xubilación, achegouse a axudarnos. Grazas Carmen!
Aquí tedes unha pequena mostra dos Obradoiros de percusión que se están levando a cabo na primaria. Grazas ao profe Diego, que ademáis de ser o titor de 3ºC, é percusionista e está impartindo estas clases.