Skip to Content

Primeiro Ciclo

Portada

Benvidos á páxina do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Nesta páxina poderedes encontrar información específica deste ciclo.Esperamos que vos resulte interesante:

Obxectivos mínimos de 1º Ciclo

Saídas previstas

Programación 1º E.P.

Programación 2º E.P.

Enlaces recomendados

MAGOSTO E SAMAÍN

O venres, 3 de novembro, celebramos no noso Centro o MAGOSTO e SAMAÍN. Participamos nos xogos tradicionais que se organizaron no patio e comimos as castañas.

 

Ao longo da semana colaboramos en diferentes actividades relacionadas co tema: concurso de debuxo, decoración das portas da aula e elaboración de cabazas decoradas para a ocasión.

MUSEO Mª JOSÉ JOVE

 

Os días 17 e 18 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de E.P. visitaron a exposición do museo Mª José Jove.

As obras de arte contan historias, pero non todas o fan no mesmo idioma.Ensináronnos a ler distintos idiomas da arte.Traballamos aspectos coma o bodegón,simetría,cubismo,realismo e abstracción.

Realizamos xogos e creamos o noso propio bodegón.

    

 

BENVIDOS/AS!!

"A guerra dos números" premiada como "Mellor obra de ficción"

A nosa película de animación participou no "FESTIVAL DOS SOÑADORES" organizado polo CEIP Canosa-Rus de Coristanco.Quedamos como finalistas en dúas modalidades: Mellor obra de animación e Mellor obra de ficción.

Finalmente acadamos o 1º Premio nesta última categoría.

Acudiu á entrega de galardóns a mestra de 1ºA,Zeltia López Sande, o pasado 6 de xuño. O alumnado de 1º de E.P. seguiu en directo a gala de entrega de premios a través de Youtube. Deste xeito, puideron vivir a experiencia de preto dende Miño. O momento no que nos concederon o premio foi unha explosión de ledicia para o profesorado e o alumnado.

Os nosos parabéns ao CEIP Canosa-Rus pola magnífica labor que levaron a cabo ao longo de todo o curso, que culminou con este "FESTIVAL DOS SOÑADORES"

A continuación tedes varios enlaces relacionados co FESTIVAL.

https://www.youtube.com/watch?v=_Y9EiVhu0L4&feature=youtu.be

https://festivalsonhadores.blogspot.com.es/2017/06/curtas-premiadas.html

 

 

 

 

 

 

VISITA AO ACUARIO DE 2º A

O  martes 30 de maio,a clase de 2°A visitou oAcuarium Finisterrae para disfrutar do seu premio (unha visita privada
polas instalacións) por quedar finalista dos Premios Luis Freire. Comezamos por saudar a un famoso,Gastón:

Despois leváronnos a“cociña”do museo porque tocaba preparar a comida das FOCAS:

 

 

Unha vez rematada a tarefa…era a hora de xantar para as focas.Que emoción,toca darlles de comer!!

 

 

Como remate visitamos a zona de Cuarentena.Cantos seres vivos do mundo acuático alí había!!

 

Máxico premio,non o esqueceremos xamais!!

 

A nosa película

Aquí tedes a película de animación feita polos alumnos e alumnas de 1º de primaria que xa podedes ver na páxina da CRTVG. Agardamos que vos guste.

A Guerra dos Números from zeltia lopez sande on Vimeo.

PROXECTO UGANDA

Dende hai unhas semanas, o alumnado de 1º e 4º de E.P. estamos a traballar nun proxecto relacionado con Uganda. Establecimos contacto cunha mestra que traballa alí dando clase de clarinete nunha escola de música en Adjumani: Cristina Otero.

O pasado 9 de maio,Cristina, que é a directora académica de Vura Music Project, acudiu ao noso Centro para comentarnos de primeira man como se vive en Uganda e cal é a labor que están a desenvolver alí.

O alumnado estaba entusiasmado!!! Non paraban de facerlle todo tipo de preguntas: como son as casas por dentro? Porque os nenos de Uganda sempre sorrín? Por que houbo unha guerra? A que xogan?...

         

Ensinounos unha kalimba,instrumento que tocan en Uganda. Tamén nos tocou unha peza co clarinete: a mesma peza coa que se inician alí os seus alumnos.

O C.P.I. Castro Baxoi quixo poñer o seu pequeno gran de area,doando algúns instrumentos da aula de Música ( feito que agradecemos a Guti e Patricia)

Non pensedes que isto remata aquí!

Pretendemos tender unha ponte entre Adjumani e Miño e ,co tempo, poder manter unha estreita relación e colaboración.

GRACIAS,CRISTINA,POLO QUE NOS APORTAS:UNHA VISIÓN DIFERENTE DO MUNDO.

Concerto para alumnos de 1º e 2º

Este vindeiro venres 7 de Abril teremos a visita de Ce Orquestra Pantasma, que dará un concerto para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria. O concerto terá lugar na sala de usos múltiples do Castro Baxoi e nel os nenos cantarán, brincarán e bailarán coa música de festa da man dun auténtico home orquestra.

OS DE 1º VISITAMOS A RADIO E O MERCADO

Aínda que no noso cole temos radio Miñoca...visitar a cadena SER ou OS 40 PRINCIPALES foi unha experiencia inolvidable.

        

No noso centro temos unha radio humilde, pero poidemos comprobar que había certas similitudes.

A locutora Teba Chacón ensinounos dende a redacción, onde chegan as noticias, ata as cabinas "herméticas"onde se graban ou emiten os programas.Contamos tamén coa axuda do técnico de son Amable.

Fixemos a grabación dun saúdo que se emitíu esa mesma tarde nos 40!!!!!!

MOITAS GRAZAS TEBA POLA TÚA PACIENCIA E O TEU CARIÑO!!!!!

Para completar esta saída escolar, aproveitamos a visitar o mercado municipal da praza de Lugo.Alí tamén nos trataron moi ben.Vimos os postos de peixe e marisco: todo fresquísimo! Percorrimos tamén a zona de froita e verdura.Finalmente mercamos pan, que estaba ben sabroso...xa que a certas horas a fame apreta!

      

 

 

 

 

 

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut