Primeiro Ciclo

Colaborando co proxecto da Biblioteca

Un ano máis,no Primeiro Ciclo de E.P. quixemos colaborar co proxecto da Biblioteca do noso Centro.Este ano estamos a traballar o século XVIII.

Ese foi un dos motivos  polo cal fixemos as obras de teatro no festival de Nadal.O alumnado de 1º meteuse na pel de Mozart para contarnos como foi a súa vida e a súa obra.O alumnado de 2º representou unha das obras de Samaniego:Pedro e o lobo.

Agradecemos ás familias a súa colaboración,que fixo posible que ambas obras fosen un éxito: de seguro estaremos todos convocados aos próximos ÓSCAR!!!!

 

 

 

 

Iniciamos o obradoiro de cociña

No mes de novembro,o alumnado de 1º E.P,empezou a súa andadura no obradoiro de cociña.

Comezamos elaborando un producto moi sinxelo: o iogur!!!!!!

Non deixedes de visitar a galería se queredes ver máis fotos.

 

 

A arte do gravado de Picasso a Barceló

O alumnado de 1º E.P visitou o Centro Sociocultural Afundación de Ferrol e a súa exposición " A arte do gravado de Picasso a Barceló"

Aprendimos que pintores como Dalí,Picasso ou Miró,utilizaban técnicas diferentes ás que estamos acostumados a ver.

Ademáis de coñecer as obras e as súas características máis salientables,tamén nos aventuramos a crear os nosos propios cadros:fixemos composicións divertidas coa técnica do estampado.

 

O magosto

Foise o mes de outubro!

Na última semana celebramos o MAGOSTO no noso Centro.

Todo empezou coa degustación nas aulas dalgunhas lambetadas que trouxeron os nosos alumnos e alumnas.Fixádevos que orixinais:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Logo,saímos ao patio e fixemos unha chea de xogos tradicionais.O certo é que o pasamos moi ben.O alumnado de E.S.O axudounos a organizarnos.

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén tivemos tempo para cantar...tanto en inglés coma en galego!!!!!Porque xa se sabe que unha festa non é unha festa se non hai música polo medio.

 

  

Non hai magosto sen castañas.Finalizamos a mañán comendo,como non,castañas asadas.

 

 

 

   

Por fin chegou Rasi !!!!!!!!!!

 

A pasada semana,por fin chegou Rasi ás aulas de 1º E.P

Chegou acompañada do seu sombreiro máxico,do que saen magníficas historias.Estamos todos encantados!!!!

 

Xa iniciamos o novo curso 2014-15 !!!!!!!

Estimadas familias,como xa tivemos a nosa primeira reunión,imos recordarvos o tratado o pasado 23 de setembro.

Información para as familias de 1º de E.P.

O alumnado comeza unha nova etapa educativa:Educación Primaria,que consta de seis cursos.
Este ano,a nova Lei educativa,instáurase nos cursos de 1º,3º e 5º de E.P
Algúns cambios da LOMCE:
-Organización por cursos,non por ciclos.Deste xeito,calquer alumno ou alumna pode repetir en calquera dos cursos da E.P.,non só ao finalizar o ciclo.Só se poderá repetir unha vez durante toda a etapa.
-Desglose da área de C.M en Ciencias da Natureza e ciencias Sociais.
-Elección entre Relixión ou Valores Sociais e Cívicos.

CONTACONTOS

A editorial Sotelo Blanco enviounos a Anxo Moure,o "pescador de contos".Contounos historias que escapan do lixo no río,da contaminación das fervenzas,da seca das lagoas...

Gustounos a súa proposta de contos solidarios,implicados coa conservación da natureza.

   

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

 

O alumnado de 2º de E.P. visitou a Casa das Ciencias.Ademáis de ver distintos experimentos,tamén aproveitamos para entrar ao planetario.

 

            

Cociñamos bolos preñados

No mes de maio, o alumnado de 2º de Educación Primaria comprobou o sinxelo que resulta facer bolos preñados.Como tiñamos o tempo xustiño,a masa de pan xa viña feita.Cada neno ou nena tivo que estender a masa para logo envolver o chourizo.O resultado final...ESPECTACULAR,coma sempre.

    

 Cando saíron do forno tiñan moi boa presentación

 

Día do libro

O alumnado de 2º de E.P. celebrou o día do libro nun novo espacio de lectura.Reciclamos os libros e as cintas de vídeo para facer os mobles deste novo espacio.

Coa atenta mirada de D.Quixote e da súa amada Dulcinea,os nenos e nenas leron algunhas das aventuras deste cabaleiro.

 

 

Distribuir contido