Música

Música

O Castro Baxoi canta

05/10/2023 12:10
Europe/Madrid

O EDLG e o departamento de Música poñen en marcha a actividade "O Castro Baxoi canta".

Con esta actividade, pretendemos dar a coñecer e difundir a nosa música.

Este mes de outubro presentamos "O rap do magosto" e "No samaín".

Programacións didácticas curso 2022-2023 actualizadas

Premendo no nome da materia correspondente ou do departamento poden consultar as programacións.

3º ESO 

Música. 

Programacións departamentos didácticos cursos pares ESO. 

Música. 

Programación cursos pares departamento Música 2022-23

Para consultar a programación do departamento de Música prema AQUÍ.

Programación de Música

Para consultar a programación do departamento de Música prema AQUÍ.

Vudú en concerto

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria, e máis xs alumnxs 2º,3º e 4º de ESO poidemos desfrutar da mellor música ao vivo da man de Vudú. Este dúo formado por Belem Tajes (teclado e voz) e a miñense Maritxiña (baixo electrico) achegáronnos cunha incrible sensibilidade e mestría a súa proposta musical na que recollen cantigas da nosa tradición oral e lle dan unha "volta", arroupándoas con outras sonoridades traídas do blues, soul, jazz, funk, etc.

Concerto de Efrén López e Michalis Kouloumis para ESO

O vindeiro luns 28 de Maio, ás 16:30 da tarde, @s alumn@s da ESO poderán gozar dun concerto a cargo do dúo Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) aproveitando a xira que teñen previsto dar por terras galegas durante estas datas. O concerto terá lugar no auditorio da biblioteca do concello.

Este dúo formado por dous dos máis recoñecidos intérpretes no eido das músicas tradicionais mediterráneas do leste así como da música clásica Ottomana, partillan e poñen a disposición da música todas as súas destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de exóticos instrumentos procedentes de alonxadas culturas e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais do leste de Europa no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación.

Departamento de Música

Curso 2012-13

Cousas que facemos...

O alumnado de 4º de ESO representou a obra "El profesor desinflado"

 

Distribuir contido