Skip to Content

Segundo Ciclo

Portada

 

Praias de Miño

Que é o mínimo que debemos saber?

Contidos mínimos

Que facemos fora da aula para aprender máis cousas?

 Actividades Extraescolares

Con quen temos clase?

Profesorado do ciclo

Onde podemos atopar cousiñas formativas, informativas, .........?

Páxinas web de interés 

Concerto de Oîma

E así foi o marabilloso concerto que nos brindou Oîma e que ademáis deixounos a oportunidade de desfrutar coma nunca dun recuncho máxico e pouco empregado no noso centro.

 

 

Novo logro do noso equipo de xadrez

Pois si! Temos o orgullo de confirmarvos que desta volta os nosos campións impuxéronse na fase Intercomarcal de Xogade. Máis alá do resultado, cómpre resaltarmos o seu carácter, autocontrol e madurez cos que enfrontan os novos retos e dificultades que atopan polo camiño. Seguiremos informando dos resultados de vindeiras probas. Parabéns!

Os nosos campións de xadrez

Parabéns!

Non hai nin un ano dende que comezaron as actividades de xadrez da ANPA e os froitos xa son ben meritorios. Acabamos de recibir a boa nova de que o noso equipo de xadrez ten acadado o primeiro posto da categoría benxamín na fase clasificatoria do concurso de xadrez do programa XOGADE, organizado pola Xunta.

Para isto tivéronse que medir con outros 60 cativos doutros centros repartidos nun total de 9 equipos. Para nos adentrarmos algo máis e coñecermos este xogo, diremos que se trata dunha disciplina por equipos na que cada neno compite de xeito individual, pero na que os puntos por vitorias se computan para o equipo.

Así que moitísimas felicidades aos nosos campións Itziar, Miro, Noel e Juan e a seguir pegándolle duro. Seguiremos os vosos pasos e agardamos que este sexa soamente o comezo dunha apaixonante aventura chea de logros e ledicias.

Momentos dos nosos campións durante as clases de xadrez e mais da súa participación no campionato.

Concerto-convivio con Sergio Tannus

Este venres, os alumnos e alumnas de segundo ciclo de primaria teremos un concerto-convivio con Sergio Tannus. Sergio Tannus é un músico, vocalista e multi instrumentista procedente do Brasil e afincado en Galicia que desenvolve unha vertixinosa actividade musical que o levan a subirse a escenarios de toda Europa xunto con artistas da talla de Uxía Senlle, Dulce Pontes etc.

Actualmente ten editado o seu propio disco chamado Son Brasilego, no cal mixtura ritmos e sonoridades propios do seu país de orixe cos propios da tradición de Galicia nunha proposta verdadeiramente innovadora e orixinal que esta a ter unha moi boa acollida.

Nesta sesión-concerto Tannus amosaranos os instrumentos de corda e percusión propios da tradición do Brasil e achegaranos aos diferentes ritmos, melodías e cancions populares para despois transportarnos cara a un mundo de fusión, no que se mixturan coas músicas de  Galicia.

Concerto didáctico "O Quebranoces"

Os alumnos e alumnas de 2º ciclo de primaria foron o pasado mércores 7 de Febreiro nunha excursión ao Pazo da Ópera da Coruña para ver a obra "O Quebranoces" de Chaikovski e que foi representado polo Centro Coreográfico Galego e a Orquesta Sinfónica de Galicia.

A experiencia de poder ver unha obra como esta nun lugar como o Pazo da Ópera foi abraiante. Os nosos cativos non perdían detalle de todo o que alí acontecía e do que os rodeaba. Poidemos ver como a orquesta se ía colocando e comezando a afinar no fondo do foso mentres o patio de butacas se ía enchendo de público. Despois abriuse o telón e comezou a máxia da danza e da música. Vivimos unha hora de aventuras acompañados de tódalas personaxes do conto  (Marie, Lizt, O padriño, o Quebranoces,...) e viaxamos da man deles polos extraordinarios sucesos que lles acontecen durante a noite de nadal.

Distribuir contido


by Dr. Radut