Xa iniciamos o novo curso 2014-15 !!!!!!!

Estimadas familias,como xa tivemos a nosa primeira reunión,imos recordarvos o tratado o pasado 23 de setembro.

Información para as familias de 1º de E.P.

O alumnado comeza unha nova etapa educativa:Educación Primaria,que consta de seis cursos.
Este ano,a nova Lei educativa,instáurase nos cursos de 1º,3º e 5º de E.P
Algúns cambios da LOMCE:
-Organización por cursos,non por ciclos.Deste xeito,calquer alumno ou alumna pode repetir en calquera dos cursos da E.P.,non só ao finalizar o ciclo.Só se poderá repetir unha vez durante toda a etapa.
-Desglose da área de C.M en Ciencias da Natureza e ciencias Sociais.
-Elección entre Relixión ou Valores Sociais e Cívicos.



O SISTEMA EDUCATIVO TEN A FINALIDADE DE:
1-Que os nenos e nenas afiancen o seu desenvolvemento persoal e o seu benestar.
2-Que adquiran as habilidades básicas relativas á expresión e comprensión oral,á lectura,á escritura e ao cálculo.
3-Que desenvolvan as habilidades sociais,os hábitos de traballo e estudo,o sentido artístico,a creatividade...


Características:
-É a primeira etapa do ensino obrigatorio e gratuito.
-É decisiva porque nesta etapa aséntanse as bases instrumentais das aprendizaxes posteriores.
-Coa finalidade de fomentar o hábito de lectura,dedicaremos 20 minutos diarios á mesma,tal e como recolle o noso PLAN LECTO-ESCRITOR.

Algúns obxectivos deste 1º curso:
-Unha vez iniciada a lectura,é moi importante tratar de ir correxindo o silabeo de frases e pequenos textos,facéndolles repetir a frase completa.
-Explicar o texto lido.
-Escritura de frases.
-Numeración ata o 99 ascendente e descendente(anterior e posterior,decenas,contar de 2 en 2,de 5 en 5...)
-Operacións de sumas e restas,inicio da multiplicación.
-Resolución de problemas sinxelos.
-Consecución de autonomía e madurez.


Como poden colaborar as familias?

Son moitos os aspectos nos que poden colaborar as familias para unha mellor marcha escolar dos seus fillos/as,só imos resaltar alguns:
-Asignarlle pequenas responsabilidades na casa.
-Ter un lugar para o estudio e esixirlle que esté ben recollido e ordeado por el/ela.
-Ler todos os días con eles/elas ata que teñan un bo nivel de lectura.
-Sempre que teñan ocasión,cando van de paseo,de viaxe...tratar de explicarlles o que ven,tanto de obxectos coma de árbores,lugares...
-Facer xogos,por exemplo de palabras encadeadas,así conseguirán que mellore o seu vocabulario.
-Facer xogos de cálculo mental:contar cara adiante e cara atrás,contar e descontar de 2 en 2,de 5 en 5...
-Xogar a algún xogo de mesa:parchís,oca damas...
-O emprego do reloxio.Para iso teñen que saber contar de 5 en 5 e as horas do día.
-Facer xogos cos meses,días,horas...
-É moi importante comezar xa a instaurar uns pre-hábitos de estudio dende o primeiro curso.
-Dedicar todos os días un tempo a falar cos vosos fillos/as do que lle aconteceu durante o día:na escola,cos amigos,de como se senten,que pensan de...

Algunhas cuestións que podedes empezar a traballar de inmediato:
-Saber facer unha lazada:atar o seu propio calzado.
-Nome e apelidos dos seus pais
-O seu enderezo completo.
-Saber un teléfono de contacto.
-Buscar un amigo ou familiar que fale en lingua galega co neno/a.
Aspectos de funcionamento e outras recomendacións

-Normas de aula.
-Poden traer auga para beber.
-Horas de sono.O alumnado debe chegar descansado ao Centro.
-Importancia de realizar un bo almorzo.
-Media mañán saudable:evitar bollería.
-Nos cumpreanos:se van traer algunha lambetada,chegará cuns caramelos.
-Agradecemos a puntualidade á primeira hora da mañá.
-Dentro do Proxecto de Biblioteca do Centro,este ano adicarémonos a traballar o século XVIII.
En Nadal faremos unha pequena representación teatral.Pediremos a vosa colaboración para que elaboredes o vestuario.Ese mesmo vestuario aproveitarase logo no Entroido.
-Plan lecto-escritor do Centro:
Lectura diaria por placer.Poden traer un conto,revista...e deixalo na aula.
Libreta viaxeira:onde coas familias nos contarán as súas experiencias.
-Obradoiro de cociña e alimentación.
-Filosofía para nenos:momento para ensinar a pensar a través da arte.
-Estamos na páxina web do centro:primeiro ciclo.
-Saídas: polo entorno e outras por confirmar.