Skip to Content

Promocionar á páxina principal

Actualizado o calendario escolar deste curso

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario escolar actualizado cos días solicitados polo centro. Polo de agora xa temos concedido o día 4 de novembro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1269

Retraso transporte tarde 16 de outubro

Debido a unha avaría nun dos autobuses que fan o servizo de transporte, os nenos desa liña foron distribuídos nos outros dous da mesma empresa para que non tiveran que esperar á reparación. Polo tanto, a hora de chegada puido ser posterior á habitual pois tiveron que modificar a ruta.

Circular ás familias de inicio de curso

No arquivo adxunto pódese ver a circular enviada ás familias con información do inicio do curso.

Período de adaptación alumnado 4º Educación Infantil

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación comprende dende o día 11 ata o 24 de setembro.

Durante este período de tempo o horario será flexible, incrementándose as horas de permanencia na escola, para permitir a incorporación progresiva dos nenos e nenas. Neste período o grupo-clase dividirase en dous grupos (A e B).

4ºA/B INFANTIL (2019/2020) TITORA:(informarase do nome na reunión do 3 de setembro

   · 

· Grupo A:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)      

· Grupo B:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)

O horario para estes días será o seguinte:

 Mércores 11 setembro

·Grupo A: 9:30-10:30

·Grupo B: 11:30-12:30

 Xoves 12 -Venres 13 setembro

·Grupo A: 9:30-11:00

·Grupo B: 11:30-13:00

 Luns 16-Martes 17 setembro

· Grupo B: 9:30-11:30

·  Grupo A: 11:30-13:00

Mércores 18- Xoves 19- Venres 20 setembro

· Grupo A e B: 9:30-11:30

Luns 23-Martes 24 setembro

· Grupo A e B: 9:30-12:30

Reunión período adaptación 4º Educación Infantil

REUNIÓN INFORMATIVA PERÍODO

DE ADAPTACIÓN

 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

 

 

DATA: 3 DE SETEMBRO

HORA: 10:00

LUGAR: SALA USOS MÚLTIPLES

 

 

 

POR FAVOR, VIDE SEN NENOS/AS.

 

 

 

 

O Equipo de Educación Infantil

Listaxe definitiva admitidos fondo solidario de libros de Educación Primaria

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros para alumnado de Educación Primaria.

A listaxe do alumnado de Educación Secundaria publicarase no mes de setembro.

 

VÍDEO DO PROXECTO DE MOZAMBIQUE

Aquí tedes resumido nun vídeo o traballo de investigación de todo un curso!!

Picade no seguinte enlace:

https://vimeo.com/343166076

 

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

10/05/2019 16:01
Europe/Madrid

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

A vindeira semana gustaríanos realizar o Festival das Letras Galegas e convidarvos para que desfrutemos todxs xuntxs. A data inicial prevista era o xoves pero como parece que vai chover, estamos esperando ao luns para ver a predición metereolóxica e poder decidir o día no que nos aseguremos bo tempo. Recibiredes unha circular en canto teñamos a data. 

Gustaríanos poder avisar con máis antelación, pero dependemos do tempo polo que sentimos que teña que ser así.

Agradecemos a vosa comprensión e agardamos que poidades vir. 

Regreso da viaxe de 1º ESO

21:20. Saímos da nosa parada en Mondoñedo.

HORA ESTIMADA DE CHEGADA: 22:30.

Viaxe 1º ESO saíndo de Altamira

17:10 Saímos de Altamira.

Temos que facer unha parada de 45 minutos.

Voltaremos con avisos á saída da parada cunha primera estimación da hora de chegada e cando esteamos por Mondoñedo, a unha hora de Miño máis ou menos.

Distribuir contido


by Dr. Radut