O alumnado do Castro Baxoi participa na limpeza da praia de Miño

25/05/2023 19:16
Europe/Madrid

As pasadas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi participou nunha actividade co obxectivo de potenciar a concienciación sobre o coidado do medio.

Durante a primeira das sesións, o alumnado desprazouse á praia grande de Miño, onde fixeron unha batida organizada para recoller todo o lixo inorgánico que se acumula no noso areal. Este lixo provén xeralmente da actividade pesqueira e dos usuarios dos areais.

Despois desta recollida, realizamos no centro unha segunda actividade que consistiu no estudo e clasificación do lixo atopado, así como un debate e unha reflexión sobre o refugallo, como reducilo, como evitar que acabe en espazos protexidos...

Queremos tamén agradecer a Paco a súa disposición cos nosos nenos e nenas.