Fondo solidario, axuda para libros de texto e material escolar

O pasado venres publicouse no DOG a orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo de solicitude é ata o 21 de xuño, na sede electrónica ou na secretaría do centro.

Pode consultar a orde premendo na seguinte ligazón.

Pode descargar os anexos I e II na seguinte ligazón.

No noso centro establecemos as seguintes datas para as publicacións:

- Resolución provisional: 4 de xullo: publicada no interior da vidreira do centro. Reclamacións ata o día 7 de xullo.

- Resolución definitiva: 7 de xullo. publicada no interior da vidreira do centro.

Festival da Francofonía en Vilanova de Arousa

15/05/2023
Europe/Madrid

O alumnado de Francés de 2º e 3º da ESO participou o día 9 de maio no Festival da Francofonía en Vilanova de Arousa. Alí interpretaron cancións en francés e compartiron a xornada con outros centros educativos de Galicia.

 

La Voz de Galicia realizou unha reportaxe fotográfica onde podedes ver ao noso alumnado:

 

https://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/vilanova-de-arousa/2023/05/09/festival-francofonia-vilanova/01101683636696864357523.htm

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2023-2024.

Non hai variación respecto á listaxe provisional.

Resolución provisional de alumnado admitido

25/04/2023 22:56
Europe/Madrid

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe de alumnado admitido na resolución provisional para o vindeiro curso 2023-2024.

Todas as solicitudes dos niveis nos que non foi necesaria a baremación obteñen posto. 

Resolución provisional de alumnado admitido

25/04/2023 22:56
Europe/Madrid

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe de alumnado admitido na resolución provisional para o vindeiro curso 2023-2024.

Todas as solicitudes presentadas en prazo dos niveis nos que non foi necesaria a baremación obteñen posto. 

Resultado sorteo rifa viaxe a Madrid 4º ESO

18/04/2023 11:56
26/04/2023 00:00
Europe/Madrid

No sorteo celebrado no día de hoxe da rifa da viaxe a Madrid o número que saiu foi o 

1067

Visita de Antía Yáñez ao alumnado do Club de Lectura

17/04/2023
Europe/Madrid

O pasado xoves, 13 de abril, visitou o noso centro a escritora galega máis lida no 2022, Antía Yáñez. Estivo co alumnado do Club de Lectura de 5° e 6° de EP. Faloulles do seu libro "Plan de rescate" e asinoulles os exemplares. A rapazada tamén puido facerlle preguntas sobre a súa obra e conversar con ela.

 

Obradoiro de Ioga

O alumnado de 4ºC de EP e o da Aula Específica desfrutaron estos días de varias sesións de Ioga impartidas pola orientadora do centro. 

A práctica desta disciplina ten moitos beneficios:

- Mellora da habilidades de atención, contración e memoria.

- Axuda á relaxación.

- Favorece a flexibilidade, equilibrio e control do corpo.

- Axuda a xestión da enerxía, a manexar situacións difíciles e aumenta a confianza e a autoestima.

 

 

 

 

 

A volta ao mundo en patíns

Dende o departamento de educación física púxose en marcha un proxecto co obxectivo de incrementar a actividade física do alumnado. Dito proxecto está dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro, o cal está enmarcado no Plan Proxecta pertencente á Consellería de Educación. No proxecto que presentamos, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, nos recreos de martes e xoves, tentará percorrer os máximos metros posibles dando voltas patinando na pista do pavillón polideportivo. A intención é dar a volta ao mundo, de xeito virtual, sumando toda a distancian que percorran os alumnos/as participantes. Estes, participan por quendas; mentres uns patinan outros/as contabilizan as voltas e, o día seguinte, cambian os roles. Por outra banda, poderán comprobar canto levan feito, nesa volta ao mundo, coa suma da distancia percorrida entre todos/as. Ademais, poderán comprobar o percorrido a través dun padlet creado, ex profeso, para elo. Deste xeito, eles/as mesmos/as poderán comprobar o que levan percorrido entre todos/as e en que punto do planeta atópanse dun xeito ilustrativo. Ademais, por outra banda, serviralles de elemento motivador para continuar co proxecto con máis ganas aínda.

 

Feito con Padlet

Investigando sobre as mulleres nas ciencias mariñas

09/03/2023
Europe/Madrid

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de primaria do centro realizou unha investigación sobre diferentes mulleres que realizaron importantes achegas ás ciencias mariñas.

A investigación e a posterior exposición (que podedes ver na entrada do centro) baséase no proxecto "Océanicas" do Instituto Español de Oceanografía.

 

Distribuir contido