Novas

Presentación alumnado 2º ESO A Premios Nobel de Europa

O alumnado de 2º ESO A preparou para o Día da Paz este material que queremos compartir! Graciñas!

 

Presentación Premios Nobel da Paz en Europa

DIA DA MULLER. 8 DE MARZO.

06/03/2020 09:38
Europe/Madrid

O 8 de marzo é un día  para lembrar as dificultades que moitas mulleres atopan para exercer os seus dereitos. Recordamos a loita polos dereitos das mulleres falando nas clases sobre o tema e visitando as exposicións cos traballos realizados nas aulas, como A MULLER NA INDIA (4º de EP) e SE NOS VEN, EXISTIMOS (1º ESO). Tamén falamos neste día das mulleres asiáticas que xa tivemos presentes noutras celebracións: Malala Yousafzai (25N, Día contra a violencia de xénero), Sadako Sasaki e as mulleres PREMIO NOBEL DA PAZ asiáticas Teresa de Calcuta, Nadia Murad, Shirin Ebadi e Malala Yousafzai (30X, Día da Paz), así como todas aquelas que viven e loitan nos países asiáticos que están sendo estudados nas nosas aulas (India, Vietnam, Timor, China, Xapón...). Tamén contamos cunha exposición bibliográfica sobre o tema da muller, con parte dos fondos dos que dispón a nosa biblioteca.

HOMENAXE A ASIA NO ENTROIDO 2020

21/02/2020 17:33
Europe/Madrid

 

O Proxecto Documental Integrado do curso 2019-2020 leva por título EXPEDICIÓN AOS CONTINENTES: ASIA. Ten como obxectivos principais coñecer a cultura e modo de vida asiáticos a través do estudo de determinados aspectos (os que cadaquén escolla en función do nivel educativo e do interese), facilitar que se valoren as diferenzas e fomentar o respecto e a tolerancia. Por iso hoxe, no desfile do Entroido, rendemos homenaxe a xente que vive en Asia vestindo como eles o fan neste momento ou o fixeron no pasado, segundo as súas culturas respectivas.

 

 

EI, 4º EP, 2º ESO

India

1º EP

Mundo árabe

2º EP

Timor Oriental

3º EP, 5º EP, 6º EP

Vietnam

1º ESO

China

3º ESO

As diferentes culturas asiáticas

 

 Os alumnos de 4º de ESO, seguindo as nosas tradicións, acompañaron o MECO.

A vestimenta asiática. Memoria gráfica.

 

DÍA DA PAZ

30/01/2019
Europe/Madrid

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz. Seguindo co proxecto da biblioteca sobre África, o alumnado e os profesores e profesoras das tres etapas educativas, investigaron a diferentes "Premios Nobel da Paz" deste continente. Cos resultados das investigacións fixemos unha exposición. Parabéns a toda a comunidade educativa pola implicación é o traballo en equipo! 

Ademáis fixemos un acto conxunto no que entre todos formamos o mapa de África e a palabra PAZ. Tamén cantamos o tema "Sonrisa" de Ana Torroja, unha canción chea de positividade e da que tivemos que poñer un "bis" porque o alumnado estaba desfrutando moito.

Aquí van unhas fotos.

 

 

 

VIDEO TERERAI TRENT

VIDEO TERERAI TRENT

Como sabedes, o proxecto da biblioteca desde ano trata sobre África. As conmemoracións que fagamos, relacionaranse  con esta tématica.

Para o día  "Contra a violencia de xénero", decidimos investigar á activista africana Tererai Trent. Todas as estapas buscaron información e reflexionaron sobre a vida desta fantástica muller. Aquí tedes o produto desta investigación.

https://vimeo.com/305358011

 

BIBLIOTECA DO CPI CASTRO BAXOI

O CPI CASTRO BAXOI

NA REVISTA EDUGA

Acaba de saír o novo número da revista EDUGA e na sección BIBLIOTECAS- BOAS PRÁCTICAS está o artigo que enviamos sobre a experiencia cos escornabots no noso cole. Felicidades a todos!!!!

Podedes velo neste enlace:

http://www.edu.xunta.gal/eduga/1374/boas-practicas/os-escornabots-no-cpi-castro-baxoi

CURSO 2016-17

ITINERARIOS LECTORES. CURSO 2016-17.

Nos arquivos adxuntos podedes atopar os itinerarios lectores para os diferentes cursos e etapas.

 

O CLUB DE LECTURA SALICORNIA NO BALNEARIO DE MONDARIZ

26/05/2016 15:23
Europe/Madrid

Celebramos a finalización dun ano de traballo compartido arredor da lectura cunha visita ao Balneario de Mondariz para coñecer mellor un dos aspectos sanitarios, lúdicos e sociais máis destacables do século XIX en Galicia. O mundo en revolución foi o  tema que propuxo a Biblioteca este curso como centro de interese e estudo e o Club de Lectura Salicornia quixo mergullarse nesta etapa histórica coa lectura de varias obras literarias e a investigación sobre a importancia da cultura termal.

Pero tamén quixemos experimetar e alá fomos. Explicáronnos como era a vida no Balneario de Mondariz no século XIX e tamén o que podamos atopar hoxe alí... Asegurámosvos que é una auténtico pracer probar a auga da fonte da Gándara, que tantos beneficios aporta ao noso corpo por dentro, e tamén a auga do spa, que tan relaxadiños nos deixou.

Á beira do río comemos, lemos textos de escritores do XIX que disfrutaron das ledicias do balneario e escribimos micro-relatos.

Unha xornada ben completa!

CHEGOU O NOSO PRIMEIRO ESCORNABOT!

14/05/2016 16:42
Europe/Madrid

 

O CPI Castro Baxoi foi seleccionado entre máis de 120 centros de toda Galicia para participar no proxecto ESCORNABOTS de Bibliotecas Escolares . Catro mini-robots estarán á disposición da comunicade escolar na biblioteca do Centro para iniciar aos alumnos de Infantil e Primaria na linguaxe de programación e axudarlles a mellorar as súas competencias. Para que os escornabots nos axuden a aprender teremos que coñecer ben como guialos, así que imos ter que pensar, expresarnos, intercambiar opinións, decidir, colaborar.. e tamén divertirnos. Neste final de curso traballaremos sobre as propostas de actividades e no vindeiro o noso cuarteto de escornabots camiñará connosco ata onde nós queiramos.

 

Escornabot

 

 

 

Proxecto Terra: Charla sobre o dereito ao hábitat

30/03/2016 10:26
Europe/Madrid

Os alumnos de 1º de ESO participaron  nunha charla con Sole e Alberto, membros da ONG Arquitectura sen fronteiras e autores da unidade didáctica O Dereito ao hábitat coa que se iniciou a andaina dentro do Proxecto Terra. Foi o momento de analizar os debuxos realizados polos alumnos que recollen os aspectos fundamentais do seu hábitat (Miño) e de reflexionar conxuntamente sobre todo o que hai e tamén sobre o que falta para que este hábitat humano sexa adecuado para o desenvolvemento persoal e social dos que aquí viven.

Distribuir contido