Presentación xornada portas abertas

Pode ver a presentación empregada na xornada de portas abertas celebrada no día de hoxe premendo aquí.

Xornada de portas abertas - 24 de febreiro

O vindeiro xoves faremos a xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer o noso centro.

Organizarase outro evento para que o novo alumnado poda coñecer o seu centro con anterioridade ao inicio da súa escolarización.

Mandatos do Meco

Achégase o Entroido e o Meco indícanos como temos que vir esta semana!

Os mandatos son acumulativos, cada día imos sumando o de cada día e o dos anteriores.

Meco 2022

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

18/02/2022 00:36
Europe/Madrid

O CASTRO BAXOI RECITA A ROSALÍA.

Como sabedes, o día 23 de febreiro é o día adicado a poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Durante  a vindeira semana, os alumnos e alumnas sairán polo pobo para recitar obras da autora.

Esperámosvos!

A continuación deixámosvos os horarios e lugares de recitado das diferentes clases.

 

Día da Paz

Achegamos un vídeo co que reflectimos a celebración do Día da paz e a non violencia no noso centro.

 

 

Volven os "Contos ao carón da lareira"

20/01/2022 14:01
Europe/Madrid

Queridas familias:

 

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) imos retomar

“Os contos a carón da lareira”. Iniciativa que o curso pasado

tivo moito éxito. Este curso pedímosvos que nos recomendedes

un libro en galego. Para iso tedes que gravar un vídeo de menos

dun minuto no que a vosa filla/o diga o nome, curso e título do

libro. Debe facer un pequeno resumo pero sin desvelar o final.

 

Dito vídeo podedes subilo no seguinte enlace:

https://padlet.com/minhomatters/kwfjud9j9kzk9yek

 

  1. Premer no +.
  2. Darlle a cargar.
  3. Engadir o arquivo.

 

Se tedes problemas podedes mandalo o seguinte enderezo: poeminospolasletras@gmail.com

 

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

Conmemoramos o Día contra a violencia de xénero

08/12/2021
Europe/Madrid

O pasado 25N conmemoramos o día contra a violencia de xénero.

 

Distribuir contido