Prezadas familias:
Mañá comezan as actividades lectivas no noso centro para o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.
Queremos pedir disculpas por non ter contactado con todas as familias pero a aplicación abalarMóbil non vai actualizar datos ata mañá. As mensaxes que están a chegar é a través da dirección.
Á chegada do alumnado ao centro non haberá problema pois haberá profesorado de abondo para informar aos nenos e indicarlles o camiño para ir ás súas aulas.
Os horarios de paso das distintas rutas pola primeira parada son os seguintes:
LIÑA |
HORA PASO PRIMEIRA PARADA |
RUTA 1. TOLDA - BEMANTES |
8:20 |
RUTA 2 - RIGUEIRA |
8:25 |
RUTA 3 - TRASDOROÑA (RUTA VIADEIRO) |
8:15 |
RUTA 4 - BUIÑA - SAMBOLLO (RUTA PERBES) |
8:25 |
RUTA 5 - PONTE DO PORCO (RUTA BAÑOBRE) |
8:40 |
RUTA 6 - URB. FADESA |
8:40 |
Pola outra banda, os nenos deberán traer asinado á maior brevidade posible a declaración responsable de ter feita a autoenquisa de saúde sobre o COVID antes de vir ao centro.
Grazas pola vosa comprensión e colaboración.
A dirección.