Listaxe material curso 2021/22

Na seguinte enlace pode consultar a listaxe de material para o curso 2021/22.

Listaxe material 21/22.

 

 

A nosa revista DTODO

Pinchando na portada podedes abrir a nosa revista escolar DTODO deste curso escolar 2020/21.

Listas definitivas admitidas e admitidos

Publicadas as listas definitivas de admisión do alumnado que poden ser consultadas no interior do centro educativo.

Non hai variacións respecto das provisionais.

Actualización normas de organización, funcionamento e convivencia

No enlace que aparece ao final desta páxina podedes encontrar a última modificiación aprobada polo Consello Escolar en reunión do 27 de abril de 2021, referente a:

- Normas de funcionamento, capítulo V, en relación coa comunicación coas familias e uso do móbiles (páxinas 34 e 35).

- Protocolos, capítulo VI, en relación ao acceso e solicitude de copias de exame por parte de proxenitores ou titores legais (páxinas 44, 45 e 46).

Actualización normas organización, funcionamento e convivencia do CPI Castro Baxoi (aprobadas o 27 de abril de 2021).

 

Listas provisionais admitidas e admitidos

No día de hoxe, 20 de abril, publicamos as listaxes provisionais de admitidas e admitidos para o curso 2021/2022. 

Nos niveis con vacantes admitíronse todas as solicitudes.

As listaxes provisionais poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

 

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación poderá formular reclamacións ante o Consello Escolar. (Ata 27 de abril).

 

 

Distribuir contido