Formalización matrícula alumnado novo 2021/22 - Infantil e Primaria

1. O alumnado de novo ingreso ten que formalizar a matrícula nos prazos seguintes do 20 ao 30 de xuño.


2. Documentos a cumprimentar e achegar (se non se presentaron no proceso de admisión):

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto (de ter algunha dúbida consultar ao persoal na Secretaría do Centro).

  • 2 fotos tamaño carnet (poñer apelidos, nome e curso por detrás).

  • Certificado de empadroamento da unidade familiar.

  • Fotocopia Libro de familia e DNI do alumno, no caso de telo (orixinais para cotexar).

  • Os alumnos que veñan doutros centros deberán achegar unha certificación académica (agás os que veñan dos CEIPs de Bemantes e Torres).

Pode descargar os impresos de matrícula premendo no nivel correspondente:

- INFANTIL

- PRIMARIA

Os documentos de autorizacións pode descargalos no nivel correspondente:

- Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

- 5º e 6º de Primaria.