Mandatos do Meco

Achégase o Entroido e o Meco indícanos como temos que vir esta semana!

Os mandatos son acumulativos, cada día imos sumando o de cada día e o dos anteriores.

Meco 2022

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

18/02/2022 00:36
Europe/Madrid

O CASTRO BAXOI RECITA A ROSALÍA.

Como sabedes, o día 23 de febreiro é o día adicado a poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Durante  a vindeira semana, os alumnos e alumnas sairán polo pobo para recitar obras da autora.

Esperámosvos!

A continuación deixámosvos os horarios e lugares de recitado das diferentes clases.

 

Día da Paz

Achegamos un vídeo co que reflectimos a celebración do Día da paz e a non violencia no noso centro.

 

 

Volven os "Contos ao carón da lareira"

20/01/2022 14:01
Europe/Madrid

Queridas familias:

 

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) imos retomar

“Os contos a carón da lareira”. Iniciativa que o curso pasado

tivo moito éxito. Este curso pedímosvos que nos recomendedes

un libro en galego. Para iso tedes que gravar un vídeo de menos

dun minuto no que a vosa filla/o diga o nome, curso e título do

libro. Debe facer un pequeno resumo pero sin desvelar o final.

 

Dito vídeo podedes subilo no seguinte enlace:

https://padlet.com/minhomatters/kwfjud9j9kzk9yek

 

  1. Premer no +.
  2. Darlle a cargar.
  3. Engadir o arquivo.

 

Se tedes problemas podedes mandalo o seguinte enderezo: poeminospolasletras@gmail.com

 

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

Conmemoramos o Día contra a violencia de xénero

08/12/2021
Europe/Madrid

O pasado 25N conmemoramos o día contra a violencia de xénero.

 

Fotos exposición de cabazas

Compartimos unhas imaxes das cabazas elaboradas polo noso alumnado e que tan ben decoraron o centro esta semana.

Renovación parcial Consello Escolar curso 2021/22

Prezados/as integrantes da nosa comunidade escolar:

Nesta entrada aparecerán os documentos e información relativa ao proceso da renovación parcial do Consello Escolar do noso centro educativo para este curso 2021/22.

- Información inicial. (Inclúe a data do sorteo da Xunta Electoral, 2 de novembro, e a constitución da mesma, 4 de novembro).

- Sorteo da composición da Xunta Electoral (resultado publicado no taboleiro de anuncios do centro).

- Circular informativa da convocatoria para as nais, pais ou titores legais do alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do centro.

- Modelo candidatura representantes.

- Convocatoria alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de información do alumnado.

- Modelo candidatura alumnado.

- Convocatoria PAS.

- Modelo candidatura PAS.

- Convocatoria profesorado.

- Modelo candidatura profesorado.

Publicada no taboleiro de anuncios do centro copia da acta da última reunión da Xunta Electoral na que se proclaman os candidatos electos durante este proceso.

 

 

 

Distribuir contido