Dámosvos a benvida a XunqueMóvete, o blog do Plan Proxecta Proxectos de vida activa e deportiva, que se estivo levando a cabo cos ciclos de grao básico do CIFP ao longo de todo o curso nas materias de Inglés e Ciencias Aplicadas.
O alumnado de 1º CM CARMO e 1º CS EDIN disfrutou onte dunha actividade lúdica dentro do programa "Eduindustria. Aprender a emprender dun xeito divertido"
Convidámoste, sexas alumnado, profesorado ou PAS, a participar amosando un libro que che gustara e queiras comentar brevemente ou simplemente escoitando as achegas doutras persoas.
O xoves 21 no recreo presentaremos o microrrelato gañador e realizaremos o sorteo dun vale de 30 euros en produtos culturais entre as persoas que participaron dando a súa opinión sobre que microrrelato que lle gusta máis.
Trátase de contar a historia que che inspira calquera das obras participantes no II Concurso de fotografía (expostas agora no corredor que vai do edificio principal á cafetaría); é dicir, consiste en escribir un microrrelato en galego vinculado á imaxe escollida e ao título da mesma.
O Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, ten como obxectivo principal promover a cultura do emprendemento entre o alumnado, proporcionando ferramentas que permitan avanzar neste sentido.
Convócanse os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Para que non perdades detalle das novas adquisicións dispoñibles na biblioteca, editamos o primeiro número do Boletín de novidades, onde atoparedes variadas lecturas e xogos, así como outra información de interese!
Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O alumnado de 1CB Electricidade e Electrónica fixo, xunto coas profes Diana e Bea, estes Christmas postcards seleccionando a opción de longa exposición da cámara e debuxando con lanternas no aire.
Achégate á biblio no recreo para o noso encontro de idiomas, especialmente se solicitaches un Erasmus a Italia ou simplemente queres aprender un pouquiño máis sobre esta cultura.
Espazo Cardioprotexido é aquel lugar que dispón dos elementos necesarios (desfibrilador) para asistir a unha persoa nos primeiros minutos dunha parada cardíaca.
O concurso de ideas para o deseño e desenvolvemento dun moble de intercambio de libros no que participan alumnos de 2º do Ciclo Superior de Deseño de Carpintería e Moble chega á fase final. O día 28 ás catro da tarde o alumnado fará a exposición das ideas diante dun xurado composto por a responsable da Biblioteca do CIFP A unqueira, un representante de FINSA (fornecedora do material co que se construirá o prototipo), e persoal das empresas que colaboran co centro na formación dual, carpintería Ceyeda e Celso Tomé.
Desde a Asociación Española de Mujeres “Carmen García Castellón” en colaboración coa Universidade de Extremadura estase levando a cabo o proxecto ECOVIO EDUCA financiado polo Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030.
Explicoulle ao alumnado de segundo curso como é cursar o ciclo na modalidade Dual durante os dous últimos trimestres. A experiencia vivida foi positiva e así llo transmitíu ao grupo deste ano.
O xoves 2 de novembro, no recreo, realizaremos na biblioteca un encontro coa escritora Fina Casalderrey. Para participar inscríbete ata o 31 de outubro na biblioteca ou enviando os teus datos ao correo biblioteca.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal
O pasado martes 3 de outubro 4 alumnas de 2º curso do CS de Integración Social acudiron como voluntarias a desenvolver unha xornada de convivencia con alumnado de 1º da ESO do IES Cotobade.
No CIFP A Xunqueira recibimos a visita de Gonzalo González, ex alumno do centro, que veu compartir a súa experiencia profesional tanto cos futuros titulados do CS de Deseño e Amoblamento como co profesorado actual.
O noso centro participou hoxe na presentación do programa "InnovatechFP", unha iniciativa enfocada ao impulso da innovación tecnolóxica por parte do alumnado de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.
27 de setembro 2023, 16:00-19:00 h
A Marca de Garantía Pino de Galicia é unha ferramenta crave para uniformar os estándares de orixe, trazabilidade, calidade e situar a madeira e produtos de madeira maciza de piñeiro de Galicia entre os prescriptores, usuarios finais e mercados. A súa entrada en funcionamento tivo lugar no primeiro trimestre de 2022.
Recoñecemos a túa experiencia laboral e a túa formación
O procedimento ARA (Acreditación Recoñecemento e Avaliación de competencias profesionais) permite obter o recoñecemento de unidades de competencia que en conxunto levan ao recoñecemento de cualificacións conducentes á obtención dun certificado de profesionalidade ou parte dun título de FP