Charlas formativas para toda a comunidade educativa
Programa Prevención da conduta suicida. "Conecta coa vida", en colaboración con FEAFES.
As charlas do alumnado organizaranse como ACF dentro do Centro nas datas e horario indicados. É necesario que o profesorado que teña clase nesas horas acompañe ao seu grupo de alumnado. As charlas impartiranse no Salón de Actos do Centro. Toda a información colgarase tamén no taboleiro de anuncios da Sala do Profesorado.