CHARLA "A violencia económica como forma de violencia de xénero".
Desde a Asociación Española de Mujeres “Carmen García Castellón” en colaboración coa Universidade de Extremadura estase levando a cabo o proxecto ECOVIO EDUCA financiado polo Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030.
ECOVIO EDUCA é un proxecto para sensibilizar e concienciar sobre a violencia económica de xénero mediante a educación, iniciado en 2022. Contan cunha páxina web para visualizar ese traballo: https://ecovioeduca.com/
A charla realizarase o martes 7 no Salón de Actos desde ás 9h. Pode asistir todo o profesorado, alumnado e PAS que o desexe. No caso do alumnado, debe contar co beneplácito da súa persoa titora.