Presentación do programa "Innovatech FP".
O noso centro participou hoxe na presentación do programa "InnovatechFP", unha iniciativa enfocada ao impulso da innovación tecnolóxica por parte do alumnado de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.
InnovaTech FP está dirixido a centros educativos de Formación Profesional con dinámica de investigación, innovación e emprendemento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendemento.
O programa abordará unha serie de retos tecnolóxicos relacionados cos sectores identificados no Plan Conecta FP que serán propostos polas empresas da comunidade, e que deberán ter un impacto no medio rural así como avogar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
No plan de traballo establecido, o alumnado dos diferentes ciclos formativos deberá afrontar estes desafíos en equipos multidisciplinares e equilibrados en canto á representación de xénero, integrados por catro persoas. O seu labor será propoñer solucións innovadoras que integren os coñecementos adquiridos durante a súa formación a correspondente área. Cada centro poderá presentar un máximo de tres proxectos.
Seguiremos informando!