O Sequelo Cociña...edición entroido!
Enviado por laurarialf o Mér, 13/03/2024 - 18:43Esta vez o Sequelo cociña tocoulles aos nenas e nenos de 5º EP que estiveron mans á obra durante todo o entroido! Mirade canto traballaron e que receitas máis ricas nos presentan.
Aquí tendes un vídeo con diferentes receitas de como facer filloas
Neste podedes coñecer unha gran variedade de receitas
Por último, facer mención á receita de Issam que nos presenta unha sobremesa un tanto diferente: unha receita marroquí!
Moitas gracias a todos e a todas pola vosa colaboración!
Cancións e Bailes polo Día da Muller
Enviado por inesduran o Mar, 12/03/2024 - 01:28Wonder Woman
Enviado por inesduran o Mar, 12/03/2024 - 01:03Conferencia dos nenos e nenas de Infantil co Carballal
Enviado por laurarialf o Dom, 10/03/2024 - 17:55
Os nenos e nenas de infantil tiveron unha videoconferencia moi especial no cole: coñecemos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe do Carballal! Durante un bo rato estivemos falando con eles e elas: contámoslle como fora o noso entroido e como fomos disfrazados e tamén puidemos escoitar como o pasaron eles e de que foron disfrazados e disfrazadas.
Foi moi emocionante!
2º Intercambio de cartas co Carballal
Enviado por laurarialf o Dom, 10/03/2024 - 17:48Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!
Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.Os nenos e nenas de 3º e 4º levan xa uns días escribindo as súas cartas para contarlles ao compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe do Carballal o ben que o pasaron no entroido. Esta semana, por fin recibimos a súas segundas cartas, que ganas tiñamos de que chegaran!
Aquí tendes unhas imaxes do ilusionados e ilusionadas que estaban lendo as cartas.
Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2024 - 17:10Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.
Semana da Prensa: Prensa en Feminino
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 22:12Durante esta semana o noso alumnado traballou artigos de prensa relacionados coas mulleres traballadoras, as loitadoras, coa Igualdade.
Segundo os cursos utilizaron a prensa tradicional ou a dixital.
O tema principal foi proposto polo Concello:
As mulleres farmacéuticas;
pero tamén se escribiu
sobre aquelas mulleres traballadoras da Vila noutros sectores, por exemplo, os oficios relacionados co Río Lameira, deportistas, artistas...
Entre as páxinas deste xornal tamén se poden atopar pasatempos;
Visitas en 1º polo 8 de Marzo
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 14:54Kahoot sobre o río Lameira.
Enviado por Miguel o Xov, 07/03/2024 - 21:31O alumnado de 2º elaborou un Kahoot relacionado co PDI do colexio deste ano. Animádevos a facelo e a ver cantas preguntas respostades ben. Moita sorte!
Facede clic na imaxe:
Ou xogade directamente en formato pequeno poñendo o voso nome
Clube de Xadrez
Enviado por inesduran o Xov, 07/03/2024 - 08:25Atletismo en pista- Xogade
Enviado por Belen o Dom, 03/03/2024 - 22:47O mércores pasado poidemos participar nunha xornada de atletismo en pista. Os alumnos e alumnas de 4º curso practicaron as diversas modalidades: lanzamento de vórtex, de peso, salto, relevos, 60 m e 500 metros. Foi todo un éxito!
Deixo esta portada dun vídeo que colgou a súa titora na aula virtual deste curso.
Recomendacións lectoras para o 8M
Enviado por inesduran o Dom, 03/03/2024 - 18:55Teatro e Croma
Enviado por inesduran o Sáb, 02/03/2024 - 01:10Visita de Patricia polo 50 aniversario
Enviado por inesduran o Ven, 01/03/2024 - 13:48Doazón de Libros para a Biblioteca
Enviado por inesduran o Ven, 01/03/2024 - 13:45Scape room pola igualdade: "Estrelas".
Enviado por Ruth o Xov, 29/02/2024 - 14:48
O CIM do Concello de Marín organiza o seguinte scape room:
Unha experiencia de escapismo onde as mulleres máis apaixonantes da historia son as protagonistas". Dirixido a toda a cidadanía, especialmente familias e mocidade. Equipos de entre 4 e 6 persoas, Inscricións desde o 26/02 ao 27/03 en info@territorio-comanche.com indicando nome de equipo e nome, apelidos e idade dos seus integrantes.
Proceso de admisión e prazas vacantes curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 28/02/2024 - 14:43O prazo de presentación de solicitudes para o novo alumnado comeza este venres 1 de marzo e remata o mércores 20 de marzo de 2024.
Poden facer a solicitude en liña (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou obter os impresos de xeito presencial na Secretaría do centro en horario de atención ao público. (De luns a venres de 9:05 a 9:50 e martes de 17:00 a 18:00 horas).
Deberán achegar debidamente cumprimentado o Anexo II e o Anexo II-bis (Impreso ED550B) dispoñible no arquivo adxunto.
DOCUMENTACIÓN XERAL NECESARIA:
- Fotocopia do Libro de familia (ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar).
- Fotocopia DNI dos proxenitores
- Copia da Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou Convenio regulador onde conste a custodia do menor (se é o caso).
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
O impreso deberá ser asinado por os dous proxenitores (ou titores legais).
Lembramos que o servizo de comedor está xestionado pola ANPA Aidón e o alumnado interesado deberá formalizar posteriormente a petición de dito servizo.
No mes de maio sairá aaxuda para material e libros de texto (comunicaremos por esta vía do prazo)
Outros prazos do procedemento:
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio de 2024
Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024
Prazo para formalizar a matrícula na ESO: do 23 de xuño ao 7 xullo de 2024
NORMATIVA DO PROCEDEMENTO:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2024-2025
EDUCACIÓN INFANTIL:
4º CURSO: 5 PRAZAS
5º CURSO: 0 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º CURSO: 7 PRAZAS
2º CURSO: 3 PRAZAS
3º CURSO: 2 PRAZAS
4º CURSO: 3 PRAZAS
5º CURSO: 1 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
Entrevista á profe Laura Rial
Enviado por josean o Lun, 26/02/2024 - 02:20Sophie, María, Alba, Ainhara, Diego Soaxe, María e Leire entrevistan á profe Laura e descubren o motivo que a levou a querer ser mestra.
Multimetro
Enviado por josean o Dom, 25/02/2024 - 18:25Na mesa de ferramentas que o proxecto de Polos Creativos nos aportou, viña este aparatiño, e grazas a que o noso conserxe sabe un chisco de eléctronica guiounos para comprender dúas ou tres cousiñas da súa útilidade e os nenos de 5º de seguida o aplicaron ao traballo con circuitos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »