Maio 2022
Rehabilitación integral do CEP Sequelo
Enviado por xose o Mar, 31/05/2022 - 09:20Estas obras teñen un investimento de 824.206 euros, e permitirán acadar un aforro enerxético do 75%.
Xogos de auga despois do comedor!
Enviado por Belen o Dom, 29/05/2022 - 10:06O venres, a monitora do comedor, doulle unha sorpresa aos nenos/as! Pasárono xenial xogando coa auga e con tanta calor agradecérono moitísimo!
Xogos populares e tradicionais
Enviado por Belen o Dom, 29/05/2022 - 09:44A semana pasada practicamos a chave, a petanca e a chave con Luis gran practicante destes xogos, na súa asociación O Gharaboto.
Deixo un pequeno vídeo onde podedes ver como tódolos nenos/as do Sequelo experimentaron estes xogos e sorprendéronse da súa puntería!
Grazas, Luis!
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Sáb, 28/05/2022 - 22:54"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2022-2023
Enviado por xose o Xov, 26/05/2022 - 09:45O Ministerio de Educación convoca Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.
O prazo para solicitar a bolsa vai desde o día 19 de maio ao día 30 de setembro (venres).
Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:
E máis detallado no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731
EDUKASANO. De Redondela a Pontevedra
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 23:37Con esta divertida actividade de Brincos de ra (Froggy jump) podemos coñecer un pouquiño máis do Camiño Portugués. Espero que vos guste. Seredes quen de bater o record de puntos?
A web CEIP Sequelo no teu teléfono móbil
Enviado por xose o Lun, 23/05/2022 - 13:00Animamos a todas as familias a seguir dende o seu teléfono móbil as noticias que se van publicando na web de CEIP Sequelo.
O procedemento a seguir consiste en instalar no móbil unha aplicación como RSS READER, descargándoa de Play Store e configurala como se indica no vídeo seguinte.
Visitamos o Composteiro comunitario
Enviado por Belen o Lun, 23/05/2022 - 10:35
O PASADO XOVES FOMOS A VISITAR O COMPOSTEIRO COMUNITARIO GRAZAS Ó PROGRAMA REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN XOÁN XXIII.
Entrevista a Carolina Neira
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 20:15Os nenos/as de 4º entrevistaron a Carolina Neira, xefa de prensa do Concello de Marín
Prensa Escrita
Enviado por Menchi o Sáb, 21/05/2022 - 20:00Como ben sabedes este curso, dende o centro, estamos levando acabo o PDI inventos que cambiaron o mundo, a 4º curso corrrespondeulle investigar sobre a prensa escrita, a continuación deixovos un resumo deste traballo. Espero que vos guste.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »