6º Primaria

S.O.S. PALMEIRAS EN PERIGO

Desde hai uns anos as palmeiras están sufrindo a peste dun insecto que podería terminar nun curto espazo de tempo con elas.
 
Neste caso, o diaño é un escaravello que na súa fase adulta pode medir entre dous e cinco centímetros;  vermello, con ás raiadas en negro, que vive e se alimenta dentro da base das follas das palmeiras.
 
Podedes observar o insecto en diferentes fases do seu crecemento:  ovo, larva, pupa, capullo e adulto e xa como un escaravello pode voar ata un radio de tres quilómetros para que a peste se estenda con moita facilidade.  O problema agravouse aínda máis porque teñen moitas crías e pode ter ata tres xeracións ao ano.
Hai palmeiras femias e machos.  As últimas teñen a copa máis compacta e esmagada e aparecen comprimidas cara ao eixe vertical;  as femias, son máis abertas e redondeadas ademais de dar flores e froitos. O besouro ataca principalmente aos machos por ser máis tenros e máis doados de perforar.
 
Pódese notar que a palmeira se atopa infectada se se nota un colapso xeral da coroa de follas e se as follas do penacho central van perdendo verdor e pasando ao amarelo.
 
A palmeira sufre danos principalmente polas larvas do picudo vermello porque se cría dentro da palmeira e parcialmente se alimenta das partes mais tenras da palmeira.  Entón fai que a palmeira morra.
 
 
 
O maior problema é que os síntomas se detectan demasiado tarde e cando aparecen adoitan ser tan severos que a palmeira acaba morrendo. É triste ver que o principal factor no desenvolvemento da peste foi a acción do home que, ao transportar plantas infectadas, abriu a posibilidade ao pequeno insecto de conquistar novos territorios.
 
A palma canaria e a palmeira son plantas cun crecemento relativamente lento, tardan case 50 anos en crecer seis ou sete metros e o picudo vermello pode matalos todos en poucos anos, polo que debemos poñer todos os medios necesarios nesta guerra contra o malvado insecto.
 
 
Traballo feito por Lucas Gomis Domínguez e Nayara Ubeira González 6º B

COMEZAMOS O CURSO CON HUMOR

Unha forma diferente de empezar o curso, botándolle humor á cousa.

O Mbot feliz

Traballo de Raúl González Moldes que tentaremos de levar a unha curta o ano que vén

 

II Premio no Concurso de Scratch

Non puido ser pero estamos moi contentos co segundo posto no III Concurso do "Aprende programando" cun dos nosos grupos disque "LOS LODAZALES". Foron as nenas as que levaron o mando dun proxecto sobre a catedral de Santiago realizado coa linguaxe de programación Scratch. A asociación de centros públicos de Marín para un proxecto común non fixo outra cousa que enriquecernos a todos; o ano pasado foron os do IES Mestre Landín, este ano nós, o CEP Sequelo segundos en primaria e non me cabe dúbida que o ano que vén serán os compañeiros do CEIP Carballal.

Parabéns para os compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero (Coruña) que tan bo proxecto presentaron.

Concurso de Eulerías do Mestre Landín

Noelia Iglesias Rodríguez de 6º curso foi a gañadora do concurso de Eulerías da Semana Matemática que cada ano convoca o IES Mestre Landín na categoría de primaria. 

En que consistía?

Pois en facer oracións o máis longas posibles a partir do famoso número "e" que descubriu o matemático suizo Euler. O número "e" é igual a 2,71828182845904.... Hai que facer oracións onde cada palabra teña tantas letras como indican cada unha das cifras do número.

Gañadores do VI certame de Relato Curto organizado pola FANPA

Parabéns para Saúl Mariño Recamán que gañou o primeiro premio na categoría de Primaria. Xunto a él outros catro compañeiros resultaron finalistas:  Álvaro Pereira Omil, Jorge Fernández Beloso, Martina Pazos Iglesias e Víctor Moreira González, que ademais foi un dos cinco finalistas destacados. É esta a segunda vez, nas súas seis edicións, que este premio recae nun alumno do CEP Sequelo.

A noticia aparece publicada no Diario de Pontevedra.

E tamén aparece publicada no blog Cousas de Carragal, de Marín.

Impresión dun dos finalistas:

 "Eu fun ao acto, moi nerviosa, porque non quería ler o meu relato diante de moitas persoas. Fun coas miñas curmáns, a miña nai e o meu pai.  Ao chegar, vin que había 5 persoas de xurado, mais 4 micrófonos, aquilo fixo que me sentira máis nerviosa aínda. Ao final só os gañadores tiñan que leer o seu relato. Agasalláronnos a cada un de nós cos libros onde estaban os nosos relatos.

 Todo o acto acabou cunha canción dun coro da Academia de Ópera de Pontevedra".

Os ganadores das distintas categorías

Visita ao IES Illa de Tambo

O pasado luns os alumnos e alumnas de 6º curso fomos coñecer o IES Illa de Tambo. Visitamos algunhas das súas dependencias: o laboratorio de Física e Química, o pavillón polideportivo, o salón de actos, a biblioteca, e tamén visitamos dúas aulas de 1º de ESO onde atopamos a moitos compañeiros do curso pasado.

Ao saír fixemos a foto de grupo.

Manzaneda día 3

Levantados a golpe de Sonata ás 8 da maña, o que a fai o primeiro día logo ten que pagalo. "Noites alegres, mañáns tristes"

Poalla, frío, afonías, nada nos detivo, tivemos carts, cabalos, rockodromo.... e algún pique ao ping pong con algún alumno, que nos gañou, o que logo se verá reflectido nas notas. Saimos nuns intres para a Sesión Disco. Última cena cos apostoles e a ver se nos deixan durmir, porque algún resucitou e maña cediño para comer en Allariz e como moito ás 6 na casa. Canto nos extrañan as nosas camas aos mestres.

 

II día en Manzaneda

Todos enteiros (máis ou menos), afonías, sen durmir.... o lóxico e corriente nestes casos. Cambio. Día de piscina, arco,vivacs e multiaventura. Seguimos. Xa queda menos

Chegamos a Cabeza de Manzaneda

Sans e escorreitos, e todos, malia a chuva que nos acompañou dende Marín, chegamos a Cabeza de Manzaneda. Paramos ás dúas para comer en Castro Caldelas, e ás 5 estabamos en Manzaneda. Imos empezar actividades, sen chuva. A primeira "charla informativa" da semana

O Mundo quere poesía

"O Mundo quere Poesía" é un pequeno resumo do traballo realizado nestes dous últimos anos nas aulas de 6º no eido da escrita creativa, e máis concretamente na poesía

Reunión de Centros "Robóticos"

Dentro das actividades programadas no Seminario de Robótica estaba o do intercambio de información e experiencias con outros centros da contorna que coma nos comezan este ano a inserar os robots como ferramentas de aprendizaxe.  Así reunímonos no noso centro alumnos do IES Mestre Landín, CEIP Carballal e o Sequelo

Flamenco

Elas o escribiron, elas o adaptaron e finalmente elas o cantaron por bulerías, co que grabalo en vídeo era inevitable

Flamenco de Melani Montoya Motos e Priscila Montoya Jiménez de 6º B

XXII Certame Francisco Añón

O 17 de maio, os nenos e nenas gañadores do concurso XXII Certame Francisco Añón de Poesía do ano 2018, fomos ao Concello de Outes, onde nos deron un diploma e o noso poema nunha carpeta. Ademais tivemos a oportunidade de ler o  poema diante do xurado e do público. Despois do acto, tocou unha banda de música do concello de Outes, e a continuación un pequeno banquete para repoñer forzas para a viaxe de volta.

 

 

FEITO POR 

Martina Pazos Iglesias

Unha aventura na Torre de Hércules

Un dos grupos de 6º creou esta pequena animación que ten lugar na torre de Hércules

Maio de Maios

O 1 de maio, no festival dos maios e barcos da alameda, á tarde, sobre as 17:30, fíxose unha cantiga cos varios maios que participaron no concurso.  Participaron algúns nenos e nenas dos  seguintes maios,  e todos eles salvo do Porviso, foron ou son alumnos do colexio:  

Nosa Señora do Carmen: Noa Gonzalez, Lia Garrido e Valeria Pazos de 1º.

C.E.P Sequelo: Martina Pazos de 6ºB.

Landeiras: Noelia Iglesias de 6ºB e Tiago Rodríguez de 2ºA.

San Xulian: Noa Vázquez de 5ºA.

Amigos do rapaces: Hugo Garrido. (ex-alumno do colexio)

Porviso: Raúl Ces.

A cantiga gustoulle a moita xente; a idea foi dunha cantiga antiga do ano 1935 e fixemola para a homenaxe que se lle facía a un señor que cantara naquel maio

.

 

Embarcación Xiana 2018

O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso.  Gañamos os 3 premios

Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas.  A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.

Ao chegar as 12h cantamos para o público.

Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO.  Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B

A catedral

Para o Concurso do "Aprendo Programando" Martina, Priscila, Manuel e Leo elaboraron co Scratch este proxecto sobre a Catedral de Santiago.

 

Unha dorna de libros 2018

Alumnos premiados na categoría de primaria no certame de relato curto promovido pola asociación de Mulleres "Intercambio do Saber".  Saul Mariño Recamán e Noelia Iglesias Rodríguez 

Coñecemos a Halterofilia

Coñecimos de primeira man un deporte descoñecido, a Halterofilia, visitando as instalacións do clube Rías Baixas.

Había un pavillón que por fóra parecía xigantesco. 
Si, parecía que xa chegaramos ao pavillón de halterofilia. Entramos e... 
Quedamos alucinados: había moitas cousas e incluso un circuíto.  Empezaron explicándonos cousas sobre a halterofilia, e logo dun rato, empezamos a quentar.   Algúns quecementos tiraban un pouco.
 
 
 
A continuación fixemos tres grupos e empezamos a facer as actividades. Ao meu grupo, primeiro, tocounos facer pesas cuns paus de madeira que case non pesaban e despois usamos uns que eran de aluminio, e xa pesaban un pouco mais. 
 
 
 
A continuación tivemos que facer un exercicio no que se trataba de chegar o máis lonxe con solo tres saltos e saltar sobre unhas rodas que cada vez estaban máis separadas.
 
 
 
 
Saímos afora do pavillón e fixemos un sprint moi curto; e ao final tiñamos que dar un salto e estirar a man o mais alto posible. Para rematar, fixemos lanzamento de pesos.
 
Feito por Jorge Fernández Beloso 6º B
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.