5º Primaria

Peixes de río 5º A

Continuando co noso traballo sobre animais do río presentámosvos a continuación tres presentacións realizadas por Óscar, Hugo e Noa sobre tres peixes: troita, lamprea e salmón.

ECOPERCUSIÓN

O dia 19 de Abril veu un señor chamado Didier, que nos expuxo instrumentos de ecopercusión. Ecopercusión significa: tocar instrumentos de percusión reciclados. Aos nenos de 5º e 6º curso de primaria ensinounos uns ritmos con cubos e dúas baquetas cada un, menos dous que tocaron bidóns. Estivemos moito tempo practicando para que ao final nos saira ben a canción.

 

COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB

PRIMEIROS AUXILIOS

O venres 6 de abril viñeron uns voluntarios da protección civil que se chamaban Raquel e Alberto a explicarnos os primeiros auxilios básicos. Son as maniobras básicas que deberíamos saber toda a xente. As máis básicas se alguén se desmaia: pegar no peito, se non responde lle peliscas a clavícula, lle miras a respiración e se non responde se fai a RCP; pero antes chamar ao 112 que é o número de emerxencias. Tamén nos ensinaron que facer se algunha persoa se atraganta. As máis básicas son: cinco golpes entre os omoplatos, se non se lle quita o obxecto se fai a maniobra de Grenwich.

COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB

CHARLA DAS AVES

O venres 16 de marzo veu ao colexio un señor chamado Juan Carlos Epifanio que nos veu falar das aves dos ríos galegos. Falou dalgunhas aves, por exemplo: o Corvo mariño que se mergulla para capturar peixes; o Merlo que se alimenta de vermes e froitas; o Cuco que se alimenta de eirugas e coñecese polo seu canto; a Garza que se ve todo o ano en Galicia e aliméntase de peixes; o Peto Formigueiro aliméntase de formigas e insectos. E tamén nos falou de ríos de Galicia, como os máis grandes, o Miño o Sil... e outros menores, como o caso do Verdugo e centos de pequenos regatos. COMISIÓN PERIODISTICA 5ºB

Exhibición de COLPBOL

O 9 de marzo celebramos a igualdade no deporte facendo uns partidos de Colpbol entre os nenos de 3º,4º,5º e 6º. O Colpbol é un deporte creado en 1997 por un mestre de educación física chamado Juanjo Bendicho. Este deporte está formado por dous equipos mixtos feitos por 7 xogadores. Consiste en meter un gol coas mans na portería contraria. As reglas básicas son:

-Non se pode agarrar a pelota coas mans.

-Non se pode dar dous toques seguidos.

-Non se pode dar co pé.

-Golpear o balón co puño cerrado.

-Respectar a distancia no saque.

Cando acabaron os partidos os profesores repartiron unhas medallas para todos os nenos/as que foron cortesía do Concello de Marín.

 

Comisión periodística 5ºB

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

         O día 8 de marzo, foi o Día da Muller Traballadora. Conmemórase a loita da muller pola igualdade de xénero. A primeira celebración deste día tan especial, tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Australia, Dinamarca e Suíza. Posteriormente, a súa conmemoración foise extendendo.

         Este día é contra o machismo, que é a actitude ou maneira de pensar de que o home é superior á muller.

         Algunhas mulleres para conmemorar o día da Muller Traballadora, colocan un delantal no seu balcón para que se saiba que ese día a muller non traballa.                                                     

                                                                   

Comisión periodística 5ºB

Animais do río

Como este ano estamos a desenvolver no colexio un proxecto sobre o río Lameiriña, os nenos e nenas de 5ºA decidimos facer un traballo de investigación sobre os distintos animais do río: peixes, mamíferos, anfibios, reptis, aves e insectos. Cada neno escolleu un animal, investigou sobre el e realizou unha presentación.

Queremos compartir este traballo con todos vós e cada quince días presentarémosvos tres animais diferentes. Comezaremos con tres aves: garza reiseñor e pita de auga, traballos realizados por Yara, Almudena e Yelme.

 

 

Esperemos que vos gusten!

SEMENTAMOS "CORNOS ROSSOS" EN 5ºA

O mércores 7 de febreiro, na clase de 5ºA plantamos sementes da especie ``corno vermello´´ (corno rosso). Estas sementes plántanse desde xaneiro ata xuño, e recóllense desde maio ata novembro; claro está, a recollida vai en función da etapa en que sementamos.

O proceso foi o seguinte:

1º Por parellas fomos enchendo as macetas de terra.

2º Collemos 3 sementes cada un.

3ºColocamos as sementes enriba da terra e cubrímolas, aplastando a terra un pouquiño.

4º Regámolas con coidado.

Agora esperaremos a que esas sementes xerminen e medren as plantiñas. Logo transplantarémolas ao noso horto escolar.

Irémosvos informando de como vai o proceso!

 

Almudena e Martín 5ºA

Coma o can e o gato

Preme no espazo para mover o can e a frecha dereita para mover o gato, neste xogo de carreiras que fixeron os de 5º B

 

Tópame

Topa á rapaza clicando enriba dela e consegue puntos neste xogo que crearon os alumnos de 5º A

Debuxa

Un dos xogos replicados polos alumnos de 5º B

 

Seres mitolóxicos dos ríos galegos

Dentro do Proxecto Transversal que este ano estamos traballando no colexio centrado nos ríos e máis concretamente no que pasa a rentes do noso centro, o Lameira; os alumnos de 5º B elaboraron está marabillosa Guía dos "Seres Mitolóxicos dos ríos galegos"

 

Non á desigualdade de xénero

Este estupendo traballo foi feito por Raúl de 5º B, unha máis das posibilidades que o Scratch nos ofrece crear unha animación.

PRIMEIRO BLOG DE SCRATCH

Os alumnos de 5º baixo a coordinación de Martina Pazos Iglesias de 5º B, creadora do blog, andan creando un cento de xogos utilizando a linguaxe de programación Scratch. Visítao e xoga premendo enriba do logo do blog.

 

MANUEL MARÍA: RETRATOS E CALIGRAMAS

Seguimos dandolle as Letras Galegas, entre os de 5º e 6º caligramizamos o "Soños na Gaiola" e fixemos varios retratos. A música de fondo é María Manuela, cantante do Ferrol, sobre o "Poema do Alleado", e Manuel María exercendo de profeta. Ben sabía el os camiños que desgraciadamente ía coller o pobo galego: o mellor sempre o de fóra

Manuel María by Slidely Slideshow

OS RAPACES DE 5º VISITAN O IES MESTRE LANDÍN

O IES Mestre Landín continua cos Xogos matemáticos nos recreos. Nesta ocasión invitaronnos ao alumnado de quinto de Primaria que o pasou en grande no centro veciño

MURAL DOS PEIXIÑOS

E isto outro que do noso proxecto "Marín sabe a Mar" está nun dos nosos corredores. Estas mariñeiras caroutas que polo Entroido fixeron os de 5ºA para un mural

VISITA DE JUAN CARLOS EPIFANIO

 
Nos 70 e nos 80, o Coñecemento do Medio era un gran descoñecido nas nosas escolas (alí só había Sociais e Naturais); mais os rapaces daquela coñecían de primeira man o medio natural onde vivían. Non había monte, regato, outeiro, con, rocha... que lles fose alleo. Topabas unha pluma e dicíanche de seguido o nome do paxaro e en que árbore aniñaba, as súas características. Moitos destes rapaces doutrora foron alumnos do noso colexio. Aqueles rapaces dos setenta e oitenta son hoxe homes e algún deles como Juan Carlos Epifanio fixeron daquel patexar do medio natural unha afición de por vida.
A garza Sequelo foi a excusa perfecta para invitalo e que nos contase aos de 5º e 6º un chisquiño de todo o que sabe dos paxaros. 
Agora e dende aqui invitamolo a que veña de espectador a que os rapaces expoñan, dentro do TEMARIO correspondente aos animais, o que aprenderon centrado na nosa garza e o seu alimento, os peixes de río
 

Libro dixital E-Dixgal.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.