blogue dejosean

Proposta de Excursión de fin de Ciclo

É típico que cando os alumnos rematan a Primaria fagan unha excursión de varios días, é tamén típico que se organicen distintas actividades para conseguir financiación para a excursión, que como regra xeral, deseñan os adultos.

Neste caso DESAFIAMOS aos propios alumnos a que fosen eles mesmos os que buscasen a información que normalmente buscan os seus pais, para logo elixir un lugar onde realizar diversas actividades en grupo.

Pedimos axuda á nosa ANPA para que nos contase como facían eles para elixir un lugar e actividades.

E pouco a pouco foron elaborando as súas propostas. A primeira de Noa, Luís, Uxía e Iria

CANGAS DE ONÍS (ASTURIAS)

 

A Proposta de Nayara - Aitana - Antón...CABEZA DE MANZANEDA

Un Samaín inesperado

"Un Samaín Inesperado" é un relato de terror que os alumnos de 5º elaboraron situándoo nunha illa que xurdiu da néboa do mar.

Era unha noite de lúa

"Era unha noite de lúa clara", consistiu en facer o esforzo narrativo de a partir do romance da Lavandeira da noite, crear logo de coñecer a fondo o feito mitolóxico, novas historias. Estes son só dous dos productos que saíron do taller, a cargo de Marcos Patiño e Kenia del Río.

"Puré de Chícharos" de Daniel Neskens

Outro dos clásicos recomendados polos alumnos de 6º. Desta vez Uxía Sanjorge.

Plan Director 2022/2023

Como en anos anteriores, efectivos da Policia Nacional de Marín, visitaron aos alumnos de 5º e 6º, nunha charla centrada no acoso escolar.

Danza de espadas de Baiona

Este ano por mor da festa de San Miguel, unha das danzas de Espadas dos mariñeiros, a de Baiona veu visitar Marín. Da súa visita aprendimos que tódalas danzas de espadas son moi semellantes, pero así mesmo con diferencias, como as que teñen a de Marín e a de Baiona.

As botas vermellas de Karlos Linazasoro

Nos nosos libros recomendados, un clásico que nos trae Aitana de 6º. Botádelle unha ollada na nosa Biblioteca!

Ao redor da danza: entrevista

A TV do Sequelo, por mor, da tradición local de San Miguel, entrevista a Jaime Rodríguez Pazos, que este ano, logo de moito tempo, deixa o seu posto de portaestandarte na procesión de San Miguel e na súa danza, e que ademáis é avó de dous exalumnos do centro.

A contar ovellas de Elvira Pérez

Marcos Patiño de 6º recomenda porque o leu, este libro de Elvira Pérez

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Clica enriba da imaxe para acceder ao Plan Dixital do noso centro

Danza de Baiona vs Danza de Marín

Polas cores do traxe....A que danza pertencen estas cores de traxe? Á de Marín? Á de Baiona? Ás dúas? E se é as dúas, que danzantes o levan en cada unha delas?

Deixa os teus comentarios

Edixgal, Folleto xeral e Seguro Anual

Se premedes enriba da imaxe accederedes ao pdf onde se detalla todo o referido ao proxecto e especialmente como contratar o Seguro

Os 7 Camiños

Saímos a andar os 7 camiños do Monte Pornedo, e todo isto e moito máis foi o que conseguimos captar coas tablets que levamos. A partir do material audiovisual que obtivemos ese día, e coa investigación previa que levamos a cabo, realizamos este video-documental, que esperemos sexa o primeiro de moitos.

Circuitos en serie e en paralelo

Que sabemos dos circuitos en serie e dos circuitos en paralelo?

Pois de primeiras aprendimos a montalos, cales son os compoñentes necesarios para montar un circuito e que se nos paralelos se che funde unha bombilla (cousa que non pasou) a outra seguiría funcionando como se nada o que non sucede se as colocamos en serie.

Todos funcionaron.

Case nos pillan

A partir desta historieta "muda", puxeron titulo, diálogos e cor, co GIMP.  Hai quen di que neste de Noa, as personaxes eran mesmamente da aula de 5º.

Piskel

Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol

LUIS

AMIR

UXÍA

 


NOA

HUMBLE

Móvete+

Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén

.

Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)

Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela. 

Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.

Birlo Inventor

Deste xeito, imaxinaron varios alumnos de 5º que a mascota da Biblioteca traballaba tamén no Proxecto Dixital Integrado dos "Inventos que cambiaron o mundo"

Os Maios da Ascensión

"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.