CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

biblio

2 de maio, Día Contra o Acoso Escolar

 

Hoxe, 2 de maio, é o Día Contra o Acoso Escolar.

 

 

 

 

Dende a biblio do Caselles, recomendamos diferentes lecturas para a prevención e sensibilización sobre o acoso, porque entre todos podemos combatelo. #DiNonAoAcosoEscolar! 

 

Troco de libros no Camiño polo Día do Libro

O pasado 23 de abril (sábado) conmemorouse o día do libro. No cole celebrámolo o día anterior, enmarcado no noso proxecto de centro: “O Camiño de Santiago”.

Para iso, fixemos un troco de libros percorrendo as diferentes etapas do Camiño Portugués dende o noso pobo (que, por mor da choiva, tivemos que trasladar ao interior do edificio).

Facendo clic AQUÍ podedes ver o vídeo publicado en Instagram sobre esta actividade.

Grazas, alumnado e familias, pola vosa participación!

Exposición das ilustracións do alumnado do Caselles no mercado de Tomiño.

 

Con motivo da semana da ilustración, o alumnado do Caselles elaborou as súas creacións; as cales xa están expostas no mercado do concello. Ademais de gozar das súas marabillosas ilustracións, poderás votar pola túa favorita escaneando o código QR que alí atoparás.

 

Horario da exposición: 

De martes a venres de 09:00h. a 15:00h. e de 17:00h. a 23:00h. 

Sábados, domingos e festas 10:00h. a 15:00h. e de 18:30h. a 23:00h. 

Lecturas pola paz

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.

 

 

 

Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar.

II Concurso da Biblioteca do Caselles

Con motivo da semana da ilustración, dende a biblioteca do Caselles convocamos o segundo concurso deste ano escolar. Desta vez, retámosvos a escoller un libro da biblioteca e deseñar unha ilustración sobre el.

Ampliamos o prazo ao día 11 de febreiro para presentar as vosas creacións, as cales serán posteriormente expostas no mercado de Tomiño.

 

Saca o teu lado mais creativo e… anímate a participar!




O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo día de nacemento de Castelao. Ademais de recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Neste 2022 é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985).

 

Maleta viaxeira

Bo día!

Chegou ao centro a maleta viaxeira, que contén libros e xogos relacionados co proxecto de centro “O camiño de Santiago”. A partires de hoxe están á vosa disposición na biblioteca do Caselles, animádevos!

Por un nadal cheo de lecturas

 

A piques de comezar as nosas vacacións de nadal, dende a Biblio do Caselles queremos recordarvos que na entrada da biblioteca tedes recomendacións lectoras para estas datas.

Por un nadal cheo de lecturas!

Dende o Equipo de Biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas, nas que non falten saúde e moito amor.

 

A diversidade enriquécenos

 

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o próximo venres, 3 de decembro), queremos recordarvos que na Biblio do Caselles contades co recuncho da diversidade, onde podedes atopar libros sobre esta temática, xunto a outras como: diversidade familiar, diversidade cultural, igualdade de xénero, educación emocional…

 

 

Polas capacidades diversas.

 

Se queres… poden!

 

25N: Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Na biblioteca podedes atopar libros sobre esta temática, que como sabedes están á vosa disposición, expostos xunto ao precioso mural feito polos vosos compañeiros e compañeiras.

 

 

Valiente:

Cuando su alma se quebró,
se oyó por fin su voz:
«Cuánto más me desprecies,
más me querré yo.
Cuánto más me niegues,
más me afirmaré yo.
Cuánto más me pegues,
más débil te harás tú,
más fuerte me haré yo»

María Míguez

 

 

Unha mente que invente

Bos días peregrinos!

 

 

 

Hoxe remata o prazo para recoller, na biblioteca, o sobre co que podedes participar no concurso “Unha mente que invente”. Estes días, fostes moitos os que se achegaron a recollelo, polo que debemos agradecer a vosa participación e… se es dos que aínda están dubidando, date presa!

Na entrada da biblioteca tedes inspiración para a realización dos vosos inventos que, de seguro, serán sorprendentes! Estamos desexando velos!

Distribuir contido