Skip to Content

Orientación

PLAN DIRECTOR 2019

O 18 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, asistimos a unha charla organizada polo Departamento de Orientación dentro do Plan de Convivencia do Centro. Déronnos moitos consellos para facer un bo uso das novas tecnoloxías. Foi unha charla moi interesante.

 

Mediadores escolares 2018

Despois de ter formado ao alumnado de 5º ao longo do primeiro trimestre en estratexias de mediación escolar, TEMOS NOVAS INCORPORACIÓNS AO EQUIPO DE MEDIADORES E MEDIADORAS!!!!

Pero… qué é a mediación escolar? É un instrumento que promove a cultura da paz e a non violencia dentro dos centros escolares de primaria, un método de resolución de conflictos entre iguais.

E…. en qué consiste? Neste método, unha terceira persona neutral (externa ao conflicto) axuda aos disputantes de forma cooperativa para que poidan resolver o problema que os enfrenta. O mediador/a debe conseguir crear un clima de colaboración reducindo a hostilidade, orientando a discusión e coordinando un proceso de negociación.

 

Plan director: Acoso Escolar

Hoxe volveu Mercedes, policia do CNP, para ofrecer ao alumnado de 5º a última charla pertencente ao Plan Director. O seu obxectivo foi concienciarnos sobre as consecuencias do Acoso escolar en quen o padece e tamén sobre a responsabilidade que temos todos de combatilo e denuncialo.



Plan Director

Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, novas tecnoloxías, ...
Este venres tivemos as duas primeras charlas, a cargo de Mercedes e Rosa, da Comisaria de Vigo:

- A primeira foi para o alumnado de 6º sobre drogas, entre elas o alcol e o tabaco. Foi unha charla moi interesante e ao rematar todos tiñamos moi clariño que ...NON QUERIAMOS SABER NADA DAS DROGAS!!!!!!!! nin das permitidas nin das prohibidas.

- A segunda, para o alumnado de 5º, foi sobre os Riscos de Internet. Mercedes falounos dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que temos que ter á hora utilizar aplicacións, redes sociais, de falar con descoñecidos ou subir imaxes a internet.

 

Charla sobre acoso escolar

O luns, 29 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º recibimos a visita dun policía nacional que nos deu unha charla sobre "que é o acoso escolar e como previlo".  Resultou moi interesante aprender máis sobre un problema social tan de actualidade.

 

Axudas para alumnado con necesidades especiais de apoio educativo (NEAE) 2016/17

 

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER Á WEB DA SOLICITUDE DE BECAS

 

  • Prazo de presentación:

Dende o 08 de agosto de 2016 ata o 29 de setembro de 2016.

 

  • Documentación:

> Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta:certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou dun departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Para a emisión deste certificado requirirase, á súa vez:

-Certificado de discapacidade ou certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro basee do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma, nos supostos de discapacidade.

-Diagnóstico clínico dos servizos sanitarios sostidos con fondos públicos, nos supostos de trastornos graves de conduta.

-Se a unidade familiar superase os límites económicos establecidos na convocatoria para as axudas directas, pero tivese a condición de familia numerosa, a unidade de bolsas que tramite a súa solicitude poderá propoñer de oficio a concesión de subsidio; nese caso, requirirase presentar a documentación que demostre dita condición de familia numerosa ao 31 de decembro de 2015.

> Para o caso de presentar necesidade de reeducación pedagóxica ou da linguaxe:

-Certificación expedida polo inspector da zona na que se acredite a necesidade de recibir estes tratamentos pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro no que está escolarizado o alumno solicitante e a inviabilidade de matriculación do alumno solicitante nun centro que dispoña do servizo de reeducación requirido.

-Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais que se consideren necesarias para a súa corrección, así como, no seu caso, as prestadas polo centro, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.

-Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual.

-Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou da linguaxe.

> Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais:

-Certificado ou informe dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente no que se detalle a asistencia e condicións necesarias, así como o número de horas semanais e a duración da devandita asistencia.

-Memoria expedida polo centro ou o reeducador que preste o servizo na que conste as características do devandito servizo, así como as horas semanais, o especialista que o presta e o custo.

 

  • Presentación da solicitude

> Solicitantes con certificado recoñecido de firma electrónica: a través do rexistro telemático do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, achegando un escaneado dos certificados correspondentes.

> Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: despois de cubrir a solicitude online (OBRIGATORIO) imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez asinado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo no que se vaian a realizar os estudos durante o curso 2016/2017. A solicitude non se poderá tramitar se non se presentou no centro de estudos dentro do prazo de presentación de solicitudes. Devandito centro de estudos proporcionará un comprobante selado ao solicitante, que lle servirá de xustificante de presentar a solicitude.

Téñase en conta que o solicitante debe limitarse a presentar a solicitude. Será a unidade de bolsas que tramita dita solicitude a que determinará que axudas ou subsidios póidanlle corresponder, en función da información e documentación de que dispoña.

 

  • Contacto

As consultas sobre o procedemento poden realizarse por calquera dos medios que se atopan na páxina de Información administrativa

Visita Adrián e Mila López da Fundación Isidre Esteve

O pasado xoves tivemos unha visita moi especial Adrián, colaborador da Fundación Isidre Esteve e Mila López, multicampeona de Handbike.

Adrián explicounos quen é Isidre Esteve e en que consisten as actividades que realizan no centro-ponte de Vigo. A Fundación Isidre Esteve é unha entidade que ten como obxectivo principal mellora-la calidade de vida das persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida. Así mesmo  tamén apoia e impulsa proxectos que teñan como obxectivo:

-Utilizar o deporte como ferramenta de superación.

-Contaxiar o optimismo e o espírito de superación de Isidre Esteve a esas persoas con lesión medular e a outros colectivos que se enfrontan a situacións complicadas.

-Contribuír á investigación médica entorno ás lesións medulares

-Promover a participación de persoas con discapacidades físicas en eventos deportivos.

Entroncando co tema do proxecto da biblioteca deste curso, O tren dos valores, Adrián tamén nos describiu os valores que traballan a diario na fundación, sendo o sacrificio e a cooperación a base sobre a que se establecen todos os demais.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 15/16

 

O alumnado do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares con necesidade específica de apoio educativo que precise dun apoio superior ao que se lle pode ofrecer no centro educativo pode optar a unha axuda para  Reeducación pedagóxica e da linguaxe. 

Para obter mais información sobre estas axudas preme no seguinte enlace ou acércate polo Departamento de Orientación.

 

Axudas ao alumnado con NEE

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

O día 1 de agosto publicouse a convocatoria 2015-2016

Datos xerais:

  • Descrición:

    Axudas para cursar estudios reglados de ensinanza en niveis obrigatorios e postobligatorios detallados na convocatoria.

  • Modalidades:
    • Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
    • Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

     Destinatarios:

Alumnos escolarizados en centros educativos españois, que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos

    • Requisitos:
      •  Xerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacions e tipos de axuda a conceder.
      •  Económicos
    • Dotación:

      A cuantía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante

    • Plazo de presentación
      • Dende: 02 de agosto de 2015
      • Ata: 30 de setembro de 2015

Prazo de presentación aberto

  • ¿Cómo realizalo?:

    A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line, que debe ser imprimido, cumplimentado e presentado no centro educativo.

Convocatoria:

Solicitude:

  • Documentación requirida:
    • Para acreditar os requisitos xerais: Algun dos tres seguintes documentos:
      • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais u órgano correspondente da comunidade autónoma
      • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente (o formulario xeral ou modelo)
      • Certificado de discapacidade.
    • Para acreditar, no seu caso, a necesidade de recibir axuda para reeducación pedagóxica e da linguaxe: informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación segundo os modelos que xera o formulario, certificación expedida polo inspector de zona ou do equipo de orientación dependiente das administracions educativas e certificación acreditativa do coste do servizo expedida polo centro que o presta (segundo o modelo que xera o formulario).
    • Para acreditar as circunstancias que dan dereito a deducción da renta (familias numerosas, discapacidade calificada, etc.), presentará tamén documentación acreditativa segundo o caso: fotocopia do carnet de familia numerosa, do libro de familia, do certificado de discapacidade, da pensión de orfandad, etc.

 

 

  • Lugar de entrega:

    Solicitantes con certificado reconocido de firma electrónica: a través do rexistro telemático do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
    Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e presentarano, unha vez firmado, no centro educativo en que se van a realizar os estudos no curso 2015/2016.

  • Máis información sobre este trámite ou servizo:

5º Primaria: Charla impartida pola Policia sobre os riscos e perigos de internet

A charla foi impartida por un membro do CNP aos alumnos de 5º. O obxectivo principal é potenciar accións preventivas en relación aos riscos aos que se ven expostos os mozos e mozas en Internet.

Estes riscos estan en constante evolución representando, nalguns casos, tipoloxias delictivas que non exitian anteriormente, e orixinando que as amenazas ás que se ven expostos os menores no mundo físico teñan o seu reflexo no mundo virtual.

Se che interesa ler mais información sobre este tema picha aqui.

Distribuir contido


by Dr. Radut