Skip to Content

Orientación

Charlas prevención de drogodependencias para os alumnos de 6º

Un ano mais o equipo de prevención de drogodependencias do Concello de Vigo ofertou charlas para o alumnado de 6º de primaria. Estas charlas levaronse a cabo ao longo de mes de outubro co fin de ofrecer aos alumnos/as formación e información orientadas a previr o consumo de drogas nos adolescentes.

Campaña de saúde visual contra o fracaso escolar

 Ata o 31 de outubro faranse revisións para nenos entre 5 e 7 anos e regalarase un par de gafas a todos os que o necesiten.

Un ano mais, a Fundación Alain Afflelou puxo en marcha a Campaña de Saúde Visual Contra o Fracaso Escolar. O seu obxectivo é a detección precoz dos problemas visuais na infancia. Durante un mes e medio, realizaranse exames visuais de balde a nenos de entre cinco e sete anos en todas as ópticas ALAIN AFFLELOU. Este ano con especial dedicación á ambliopía ou comunmente denominado ollo vago.

Do 15 de setembro ata o 31 de outubro, todos os centros ALAIN AFFLELOU de España levarán a cabo revisións oculares de balde a nenos de entre cinco e sete anos no marco da súa Campaña de Saúde Visual contra o Fracaso Escolar, este ano facendo foco sobre a importancia da detección a tempo da ambliopía ou “ollo vago”.

Tras a revisión, a firma regalará un par de lentes a aqueles nenos que o necesiten. Igualmente, farase entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas.

Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son: acreditar a idade do neno e pedir cita dentro do marco desta Campaña. Durante a Campaña de 2013, realizáronse 10.265 revisións visuais e regaláronse 5.611 lentes.

 

Padriños lectores de 2º de primaria

Os nen@s de 2º de primaria visitaron a EEI Monte do Alba para apadriñar e amadriñar a alumn@s das clases de 3, 4 e 5 anos e lerlles un conto.

 

Visita ao IES Valadares

Os alumn@s de 6º de primaria visitaron o IES Valadares. Antig@s alumn@s guiaronos a través das instalacións do centro, ensinaronlle as exposicións e actividades que levan a cabo e responderon ás súas dúbidas. Por último tiñan preparada unha comellada para desfrutar xuntos.

Charla sobre os Riscos e perigos de Internet para os alumnos de 5º

 Charla 5º

Se quereces coñecer  mais consellos sobre o uso seguro de internet podedes atopalos aqui:

 

Charlas para familias: Comunicación e resolución de conflitos

Cartel das charlas

O pasado martes día 4 de febreiro levouse a cabo no centro unha charla para familias coa temática "comunicación e resolución de conflitos".


A pesar das inclemencias da meteoroloxía houbo varias familias interesadas e a charla derivou nun agradable e enriquecedor debate.

Programa de prevención do consumo de drogas con alumnos de 6º

O alumnado de 6º de Primaria recibiu unhas charlas por parte de membros da Asociación Érguete coa finalidade de ofrecer a información e formación necesarias para previr o consumo de drogas.

ACTIVIDADES CON TABOLEIROS LÓXICOS

PREME NA IMAXE PARA FACER OS EXERCICIOS.

Falta de atención

OS EDUCADORES ANTE A CONDUTA DO ALUMNADO

Distribuir contido


by Dr. Radut