Skip to Content

Visita Adrián e Mila López da Fundación Isidre Esteve

O pasado xoves tivemos unha visita moi especial Adrián, colaborador da Fundación Isidre Esteve e Mila López, multicampeona de Handbike.

Adrián explicounos quen é Isidre Esteve e en que consisten as actividades que realizan no centro-ponte de Vigo. A Fundación Isidre Esteve é unha entidade que ten como obxectivo principal mellora-la calidade de vida das persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida. Así mesmo  tamén apoia e impulsa proxectos que teñan como obxectivo:

-Utilizar o deporte como ferramenta de superación.

-Contaxiar o optimismo e o espírito de superación de Isidre Esteve a esas persoas con lesión medular e a outros colectivos que se enfrontan a situacións complicadas.

-Contribuír á investigación médica entorno ás lesións medulares

-Promover a participación de persoas con discapacidades físicas en eventos deportivos.

Entroncando co tema do proxecto da biblioteca deste curso, O tren dos valores, Adrián tamén nos describiu os valores que traballan a diario na fundación, sendo o sacrificio e a cooperación a base sobre a que se establecen todos os demais.



page | by Dr. Radut