Skip to Content

Animación á lectura

BOLETÍN RESUMO DE ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

 

Boletín 3º trimestre 15/16

 

   DESCARGAR EN PDF

Revista escolar O Alba 2016

Pepiña Maruxiña quere voar

O día 18 de maio, dentro das actividades das Letras Galegas, o grupo Barafunda amenizounos a mañá coa obra "Pepiña Maruxiña quere voar".

Pepiña busca polo xardín alguén que lle axude a voar e vai coñecendo aos diferentes insectos que o habitan. Esta obra mistura a música e diferentes elementos coma globos, escuma...

 

Ao rematar, fixemos unha maruxiña con dou globos e decorámola con rotulador e pegatinas.

Madriñas e padriños lectores 2016

O día 22 de abril de 2016, dentro das actividades programadas PARA O DÍA DO LIBRO, os alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º apadriñaron aos de 1º, 2º e 3º, compartindo a aventura de ler un libro.

Semana do conto 2016

Durante a semana do 18 ao 22 de abril, contamos de novo coa colaboración de nais, pais, profesoras e profesores para deleitar aos alumnos e alumnas coa narración e interpretación dun conto.

Moitísimas grazas!

 

Boletín 2º trimestre 15/16

 

DESCARGAR EN PDF

II certame de poesía

 CONMEMORACIÓN DÍA DA POESÍA, (21 de marzo). Convocouse o II Certame de Poesía escolar. O alumnado seleccionou o seu poema preferido e recitouno para  os demais compañeiros no  Salón de Actos o venres. día 18 de marzo. Resultou unha actividade moi motivadora. Aquí tedes aos participantes.

Semana da prensa

Ao longo destes días, traballamos a Semana da Prensa. Para iso, o alumnado buscou nos xornais ou revistas titulares, en galego ou castelán, que resalten valores positivos. O prazo de entrega rematou o 9 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut