Skip to Content

Animación á lectura

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA RAPOCHÁ CURSO 2023-2024
 
 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 2020

... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

  

DÍA DO LIBRO

 
 
 
O 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Este ano, por causas excepcionais, celebramos esta data na casa.
Preme no seguinte vídeo para ver unhas fermosas imaxes do apadriñamento lector das nosas mascotas.
Grazas a todos/as por compartir estas imaxes con nós.
Felíz Día do Libro e felices lecturas.
 
 
 

BOLETÍN INFORMATIVO DO 2º TRIMESTRE

VISITA DO ESCRITOR ANXO FARIÑA

 
O 27 de febreiro, visitou o centro o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Foi unha experiencia moi interesante. Grazas Anxo.
 
 
 
          
                                                                                                                                                                                                                   PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN
 
                                                                                                                                                                                        
 
                    
                                                                                                                                                                                               Anxo Fariña
 
 

BOLETÍN INFORMATIVO DO 1º TRIMESTRE 2018-2019

 

PROXECTO "TI TAMÉN CONTAS"

A semana do 23 ao 27 de abril, coincidindo coa semana do libro, desenvolveuse no colexio o Proxecto "Ti tamén contas", onde as familias participaron contanto contos ou historias. Grazas a todos pola vosa participación. Toda experiencia vivida convértese en fonte de aprendizaxe.

APADRIÑAMENTO LECTOR

O 27 de abril, dentro do Proxecto de Animación á lectura, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso, convertéronse en padriños e madriñas dos nenos e nenas da EEI Monte do Alba. Con esta actividade, ademais de desenvolver contidos propios da lectura, mellóranse as relacións interpersoais e a acercamento entre diferentes idades.


                                             APADRIÑAMENTO LECTOR 2018

BIBLIO PICNIC

 

 O 25 de abril, con motivo do Día do Libro, organizamos unha fermosa actividade de animación á lectura o "Biblio Picnic". Abrimos o noso apetito lector e "contaxiamos" a nosa paisón polos libros compartindo lecturas arredor dun mantel e dunhas saboross merendas. Unha xornada con sabor especial!

 

 

 

 

 

 

BOLETÍN RESUMO DE ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

Este é un resumo das principais actividades realizadas durante o trimestre.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut