Skip to Content

Animación á lectura

Animación á lectura

O día 23 de outubro, os alumnos e alumnas de 6º agasallaron aos nenos e nenas de 1º e 2º coa representación de dous contos que prepararon na clase de Música.

Os de sexto A: Un, dos, tres, que ves?

Os de sexto B: " A galiña feliz"

Todos estiveron encantados e pedíronlle que repetisen a actuación. cousa que fixeron con moito gusto.

 

Boletín 3º trimestre, xuño 2013

An Alfaya

En 1991, An Alfaya (Vigo, 1964) publicou unha peza teatral dun único acto, O maquinista Antón, que lle valeu daquela o Premio de Teatro Xeración Nós e amosaba o compromiso da autora co teatro, en galego e para nenos.

Desta obra e de “A Encontadora” veunos falar, o día 17 de xuño, ao alumnado de 4º e 5º.
Desvelounos como artella as súas historias, que persoas  lle inspiraron os persoaxes, como elixiu os nomes...
 Aprendemos e divertímonos escoitándoa.

DÍA DAS MATEMÁTICAS

DÍA 12 DE MAIO

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

No ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas, instituiuse a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. Esta data elixiuse en honor a Pedro Puig Adam, nacido o 12 de maio de 1900 e internacionalmente recoñecido no campo do ensino das Matemáticas.

 DESCARGAR UNIDADE DIDÁCTICA:

 PRESENZA DA XEOMETRÍA NA NATUREZA E NA ARTE

Quixemos facer a través destas páxinas unha reflexión sobre a presenza das matemáticas na nosa realidade máis cotiá e, proporcionarlle ao alumnado un instrumento máis para a súa comprensión.

Para conmemorar esta data, montamos unha exposición cos traballos elaborados polo alumnado:

 

 

DÍA DO LIBRO

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

 

ENTREGA DE PREMIOS DO 1º E 2º TRIMESTRE

 MELLORES LECTORES   

 

 Día da Paz:

Diptico e Caza do tesouro 

 1º

   

4º 

 

Nuria 1ºB   Lucía 2ºB   Roi 4ºB   Ximena Castro 1ºA 

Xoana 1ºB

  Hugo 2ºB   Inés 4ºB    Xosé Ramón 4ºB
Iker 1ºB   Lucas 2ºB   David 4ºB   Silvia Vázquez 6ºB 
 Xián 1ºB   Alejandro 2ºA    Lara 4ºB    
 Roi 1ºB            

ILUSTRACIÓN

 DE POEMAS

 

DÍPTICO

C. E. FERREIRO

 

POSTAIS

 NADAL

 

CONCURSO PORTADA  

Miriam Alonso  2ºA   Ruth Alonso 2ºA   Alejandro Ceprián 1ºA  

     

Sabela 4ºA

Leyre Delgado

  Francisco Miranda 4ºB   Lucas Rodríguez 2ºB  
Francisco Miranda 4ºB   Miguel Sanromán 5ºB   Laura Alonso 3º  
 Pablo Iglesias 5ºB       Francisco Miranda 4ºB   
 Noel Rodríguez 6ºB        Sara Millor 5ºB  
         Rut Figueiras 6ºA  

 

Xogando cos contos

 22 de abril de 2013

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos a actividade dinamizadora do galego  “ Xogando cos contos” para o alumnado de 2º e 3º.

 

O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos.

A monitora propúxolles unha serie de exercicios e xogos e escenificáronse diferentes contos

 

Semana do conto

Durante a semana do 8 ao 12 de abril, dentro da actividades de animación á lectura, organizamos a semana do conto. Familiares e profesores agasallaron ao alumnado relatándolle contos. O noso agradecemebnto a todas as familias colaboradoras.

 

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Por tal motivo, o luns, día 25 de febreiro, realizaremos unha lectura colectiva dos seus poemas.

CARTEL LECTURA COLECTIVA

DÍPTICO LIM biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda  
 

No expositor da Biblioteca estará unha selección das súas obras  

 

O Concello de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro organizan a maratón de actividades ¡Alumea a túa lingua!, co obxectivo de conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo do libro Cantares Gallegos. En realidade, as actividades xa comezaron a derradeira semana do pasado mes de febreiro e continuarán ata maio.

 PROGRAMA ACTIVIDADES                       POEMAS
 

Fina Casalderrey

 

 Moitas felicidades, Fina!

Queremos mostrar a nosa satisfacción e ledicia pola elección desta escritora pontevedresa, que da nome a nosa Biblioteca, como nova académica da Lingua Galega.

Recordamos as súas visitas para comentarnos os seus libros e animarnos a ler. Noraboa!

Enlace coa Información que publicou Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/01/19/fina-casalderrey-sera-quinta-muller-ingresar-na-real-academia-galega/743282.html

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut