Outras actividades

O venres 10 de maio, parte do noso alumnado participou na macromuiñeria que tivo lugar nas instalacións do Estaleiro Navantia, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Próximamente enlazaremos esta publicación co vídeo que están a realizar os organizadores do evento.

Un mar de muiñeiras

Alumnos de 4º, 5º e 6º asistiron ao centro de reciclaxe de SOGAMA. Cando chegaron escoitaron a explicación de uso das distintas naves que compón o centro, logo xogaron cunhas imaxes de lixo que había que clasificar, máis tarde  asistiron a un pase de video e por último realizaron unha visita polas naves en autobús para finalmente rematar de ver os videos. Aprenderon moito e decatáronse das toneladas de lixo que se producen en Galicia.

ESCOLARES DE 4º,5º e 6º VISITAN A PLANTA DE SOGAMA EN CERCEDA

O mércores 8 de maio celebramos unha nova edición do Trocolibro.

Trocolibro 2019

Os nosos alumnos de 6º, que son moi participativos e traballadores, participan no "Concurso Recíclate con SOGAMA" cunha obra moi entrañable para todo o colectivo do Virxe do Mar, as nosas mascotas: Lectorio ( da biblioteca) Orbot ( das Tics) e o escudo e letras identificativas do centro.

Para isto utilizaron material de refugallo que tiñan no centro:os tetrabriks dos zumes, as pallas, limpapipas, tapóns,cartolina, cortiza sintética, paíños de madeira e silicona.

ALUMNOS DE 6º PARTICIPAN NO CONCURSO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Unha das actividades deseñadas para concienciar ao noso alumnado da importancia de separar ben o lixo para a súa reciclaxe, foi a entrega de mencións para as áulas máis ecolóxicas do noso centro.

Para conseguir dita mención, cada aula debía separar correctamente o lixo xenerado ao longo da mañá e apuntar nunha folla de rexistro se o fixeran ben, segundo o criterio das brigadas ecolóxicas.

Premios á aula máis ecolóxica

Esta semana os alumnos de 5º e 6º realizaron a actividade de apadriñamento lector. Esta actividade consiste en ler un conto aos máis pequenos do centro. Foi unha actividade marabillosa na que os nenos ( tanto os maiores coma os pequenos) disfroitaron moito.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este luns os alumnos de 6º recibiron unha charla informativa do esperto neste deporte, Chus. Foi realmente interesante coñecer tanto dun deporte tan novedoso nesta autonomía.

CHARLA INFORMATIVA  SOBRE O SURF

Os alumnos de 5º e 6º recibibiron con moito interese  a charla sobre a violencia de xénero e violencia na familia a cargo do policía do Concello que a impartiu.

CHARLA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O martes 26 de marzo visitaron o noso cole Os Bolechas.

Con esta actividade aprendimos moitos sobre a reciclaxe de aparatos electricos e electrónicos.

Pasámolo en grande!

VISITA DOS BOLECHAS

O xoves 4 de abril os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria tivemos unha visita moi especial na biblio de Lectorio: Ánxela Loureiro.

Pasámolo en grande con esta estupenda escritora. Cantamos, bailamos, xogamos... e asinou os nosos libros!

Grazas Ánxela!

Visita de Ánxela Loureiro
Distribuir contido