Educación viaria

O pasado xoves 25 de maio, os nenos e nenas de 5º A, 5º B e 6º de EP, acudimos á Plaza de Galicia do Concello. Participamos na Xornada de Educación Viaria. Alí aprendimos a como actuar en caso de incendio, practicamos a maniobra RCP, tamén coñecimos a importancia das abellas.... E ata a Policia Local nos explicou os diferentes aspectos da súa profesión. Pasámolo xenial!!!

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA - 5º E 6º DE PRIMARIA

Alí foron recibidos pola alcaldesa: Marian Ferreiro, que escoitou con atención as propostas. Para esta actividades os alumnos recibiron charlas orientativas por parte dos responsables de Educación Viaria: Pedro e Sonia

Finalment, a alcaldesa  entregoulles o certificado.

Aquí tedes algunhas imaxes.

EDUCACIÓN VIARIA

O día 17 de febreiro os nenos e nenas de 4º de primaria tivemos un obradoiro para poñer a punto a nosa bici. Aprendéronnos como iniciar a marcha e continuar con precaución, tendo en conta os sinais; a importancia de saber circular correctamente e o respecto aos peóns así como saber circular polos diferentes tipos de vías.

Para aprendernos todo isto montaron un circuito super divertido.

Pasámolo xenial!!

Aprendendo a poñer a punto a bicicleta.

O pasado 6 de febreiro o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón ofreceunos ás nenas e nenos de terceiro unha charla sobre as normas de circulación na vía pública tanto se imos andando coma montados en patinete ou en bicicleta. Todas e todos estivemos moi atentos!

Aprendendo a compartir a vía pública

Os alumnos de 6º A visitaron o Concello de Narón e charlaron coa alcaldesa Dona Marián Ferreiro.

Esta visita foi guiada polas educadoras sociais Mamen e Judiht que amablemente explicaron todos os espazos que comprende o Concello.

Para rematar Pedro, o policía do Programa Educación viaria, explicounos como hai que facer para deter a alguén que comete infracións graves.

Aquí temos unhas imaxes:

Alumnos de 6º visitan o Concello de Narón

O pasado 13 de xaneiro a clase de 4º de primaria participou nun obradoiro de bicicletas a cargo do equipo de educación viaria do Concello de NarónObradoiro de educación viaria 4º primaria

O 24 de outubro as alumnas e alumnos de 3º de primaria participaron nun obradoiro de educación viaria para aprender normas de circulación segura pola cidade.

Obradoiro de educación viaria 3º primaria

Os alumnos de 6º curso do centro asistiron á Constitución do novo Consello de Participación Infantil (CPI) de Narón integrado por alumnado de centros de ensino da cidade.

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL (CPI) DO CONCELLO DE NARÓN

O luns 24 de outubro, o alumnado de 2º de Primaria participou nun obradoiro de decoración de cascos promocionado polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

Obradoiro de decoración de cascos

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu onte a recepción oficial aos catro docentes e un coordinador, que veñen de Turquía, para coñecer o traballo que o noso Concello desenrola en materia de educación vial.

COLABORACIÓN DO CENTRO CON DIRECTORES DE ENSINO DE TURQUÍA
Distribuir contido