Saídas Extraescolares

O pasado 3 de marzo, as nenas e nenos de Educación Infantil realizaron unha saída á A Coruña onde visitaron o Museo de Belas Artes e os exteriores da Torre de Hércules.

No museo fixeron unha visita moi didáctica contando a historia de Carolina, a través de diversos cadros.

Logo aproveitamos para visitar o entorno da Torre de Hércules e falarlles un pouquiño deste monumento romano.

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron nun obradoiro-charla no Museo de Belas Artes en A Coruña.

Tamén, despois do Museo, visitaron a Torre de Hércules no que aprenderon un pouco máis da historia da única torre- faro do século I que funciona.

Aquí temos un rebumbio de fotos dos cursos que participaron.

5º e 6º SAÍDA CULTURAL AO MUSEO DE BELAS ARTES E Á TORRE DE HÉRCULES

 

O pasado mes de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria visitamos a Casa das Ciencias e o Planetario na cidade de A Coruña.

 

Na entrada da casa das Ciencias recibiunos un enorme péndulo co que puidemos ver o movemento de rotación da terra, xa que é un gran reloxo de péndulo inventado por León Foulcault.

 

VISITA AO PLANETARIO E Á CASA DAS CIENCIAS- 3º E 4º DE EP

 

O guía da visita explicou as funcións principais do Parlamento e ensinounos os distintos departamentos do  que consta.

Máis tarde todos os alumnos acercáronse á Xunta de Galicia e alí foron testigos de como funcionaban os distintos partidos coa temática de mellorar os equipamentos dos centros escolares.

Cando estabamos rematando acercousenos o Conselleiro de Educación Señor Román Rodríguez que departiu un rato cos alumnos aos que saludou moi cordialmente.

Alumnos de 3º Ciclo no Parlamento

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria fixemos unha saída moi especial. Visitamos o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro e puidemos gozar da compañía das persoas maiores que a el acoden.

Participamos con eles e elas das actividades de baile e comunicación. Ao final repartímoslles as felicitacións de Nadal que con tanto agarimo prepararamos en clase e ... Encantáronlles!

Visita ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro

 O pasado 22 de novembro , as nenas e nenos de 5 anos , visitaron o Concello de Narón onde foron recibidos pola alcaldesa. Foi unha visita moi interesante xa que puideron coñecer, a través dos xogos que lles tiñan preparados a Abella Nara  e o explorador Tito, as diferentes parroquias que conforman o noso concello, os distintos puntos de interese que se poden visitar, os distintos servizos cos que contan,... Pasárono moi ben e empregaron o seu turno de palabra no salón de plenos para facerlle algunha pregunta á alcaldesa .

SAÍDA AO CONCELLO . CLASE DE 5 ANOS

O pasado xoves 17 de novembro, as nenas e nenos de Educación Infantil acudiron ao Auditorio de Narón para disfrutar da obra Carabela

 

SAÍDA AO TEATRO . EDUCACIÓN INFANTIL
Distribuir contido