Iníciase  o proceso de admisión para o curso 2023-2024.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ata o 20 de marzo, ambos incluídos.

A presentación da documentación pode realizarse de forma presencial ou de xeito telemático.

 16 DE FEBREIRO ÁS 16:30 HORAS

NOTA: se algunha familia non pode acudir ese día, pode solicitar outro día e hora a través do teléfono  881 93 03 83 ou correo electrónico ceip.virxedomar@edu.xunta.gal

Dende hoxe, 16 de xaneiro , ata o 6 de febreiro podedes solicitar a praza para o IES Telleiras. Nos adxuntos tedes o impreso que podedes presentar na  secretaría aquí do noso cole, en horario de 12 a 13 horas ou ben Na Sede electrónica da Xunta de Galicia  (procedemento ED550A)., para o que será necesario dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital.

A Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración das eleccións dos membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

No presente proceso electoral corresponde elixir a dous pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.

Circular nº 1, aquí

Clicando nos adxuntos podedes consultar a información relativa á Escola de familias do Concello de Narón

Tags:

 Estimadas familias:

En breve dará comezo un novo curso escolar e aquí podedes consultar información relevante:

COMEZO DAS CLASES: XOVES 8 DE SETEMBRO DE 9 A 14 HORAS. Xa haberá servizo de comedor. Aqueles usuarios que non van facer uso ese día deben comunicalo no móbil do cole: 695653233

ENTREGA DE MATERIAL E RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO

A relación de libros e material  para o vindeiro curso escolar 2022-2023, pódese consultar nos ficheiros adxuntos.

Xogo proposto polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón cuxo obxectivo é promover que o camiño ao colexio se faga andando, en bici, patinete, utilizando o transporte público, bica e arrinca ou aparcamento disuasorio.

Empezamos o vindeiro luns 13 ata o venres 17, ámbolos dous inclusive.

 O alumnado de nova incorporación para o curso 2022/2023 xa podedes pasar a formalizar a matrícula, cubrindo o impreso adxunto e traendo a seguinte documentación:

- 1 copia da tarxeta sanitaria

- 1 copia do libro de vacinas

- 1 foto de carnet

- 1 certificado médico

- Sentencia de separación ., se procede.

 

Publicadas no BOE as axudas individualizadas para alumando con necesidades educativas de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Presentación de solicitudes ata o 30 de setembro de 2022.

Para máis información acceder ao documento adxunto.

 

Distribuir contido